PROCESO DE DESENVOLVEMENTO DA AXENDA 21 EUROEUME

37

Como informamos con anterioridade, dentro do marco da Asociación EuroEume, os concellos de Vilarmaior, Monfero, A Capela, Cabanas, Pontedeume, San Sadurniño e Moeche, atópanse inmersos no proceso de elaboración dunha Axenda Local 21. No momento actual, unha vez finalizada a elaboración do diagnóstico da situación de partida (do que lles dábamos conta nunha comunicación anterior), iníciase a segunda fase deste proceso, para a elaboración dun Plan de Acción para o conxunto destes municipios.


O proceso descrito aséntase na combinación de varias liñas de traballo complementarias entre si:
1. Un proceso coordinado cos Técnicos Municipais en todos os municipios, a través dos que se incorporarán as liñas de traballo que se formulen no Plan de Acción.
2. Un proceso de concertación con tódolos representantes políticos presentes nos diferentes Concellos, procurando, deste xeito, dotar á Axenda 21 dun carácter marcadamente Institucional. Ademáis, reunirase periódicamente a Comisión de Seguimento, que integra ao conxunto de Alcaldes implicados no proceso.
3. Un proceso de diálogo e contraste co tecido asociativo e coa cidadanía en xeral, procurando, deste xeito, establecer bases de consenso social cara á definición do Plan de Acción. Con este obxecto, realizarase un Foro Local aberto en cada un dos municipios sinalados.
4. Un traballo de Apoio Técnico: consiste na formulación de propostas de carácter técnico, saídas dos distintos espazos de participación proxectados.
O calendario programado para os Foros Locais, quedou fixado do seguinte xeito:
Foro Local de A Capela: 16 outubro, ás 20,00 h na casa da cultura.
Foro de Moeche, 25 de outubro, ás 20,00 h na Casa do Concello.
Foro Local de Monfero, 17 de outubro, ás 20,00 h na antiga Cámara Agraria.
Foro de Cabanas, 30 de outubro, ás 20,00 h na antiga Casa do Concello.
Foro de San Sadurniño, 19 de outubro, ás 20,00 h , no Centro Social.
Foro de Vilarmaior, 28 de outubro, ás 17,00 h, no Local Social de Doroña.
Foro de Pontedeume, 24 de outubro, ás 20,00 h no Centro Social de Maiores.
II Foro Intermunicipal, 18 de Novembro, ás 09,30 h, no Colexio Mosteiro de Caaveiro de A Capela.
Todo este proceso concluirá na celebración do II Foro Intermunicipal da Axenda 21 EuroEume, que reunirá a representantes Institucionais, asociativos e á cidadanía dos diferentes municipios, e onde se aunarán e definirán as propostas elaboradas ata o momento, produto do traballo que acabamos de describir.
Entre os Eixos Estratéxicos que deben guiar o Plan de Acción da Axenda 21 de Euroeume, cabe destacar, pola súa centralidade, tres:
Capitalización dos recursos humanos do territorio, xa que a poboación é o principal recurso có que conta un territorio, sendo preciso, por unha banda, optimizar seu potencial, tanto mediante accións formativas adaptadas ás necesidades locais que melloren a cualificación do traballo, como mediante a creación de novas oportunidades de emprego, por outra mellorando a calidade de vida local para arraigar eses recursos e atraer outros novos.
Diversificación económica, procurando acadar unha maior diversidade de especializacións, é dicir, ampliando as bases para a creación de riqueza a través da potenciación daqueles sectores capaces de mobilizar recursos endóxenos e nos que exista xa unha certa tradición e experiencia produtiva. Neste senso tentarase potenciar as sinerxías entre as actividades con máis potencial de cada concello e estimular a súa capacidade de innovación.
Preservación do patrimonio, a identidade e a cultura local: O patrimonio construído e natural, a cultura, a lingua e a identidade deben ser elementos de protección, valorización e orgullo, pois reflicten a relación que ao longos dos séculos da poboación de Euroeume mantivo có seu entorno, son froito dun longo e valioso proceso de aprendizaxe e expresan un xeito diferenciado e específico de participar do mundo, contribuíndo con eles ao mantemento da diversidade e a riqueza da cultura
Para máis información: 627 570 943 (Jorge Fente-Coordinador da Axenda Local 21)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios