Semana do Medio Ambiente nas Pontes

31

[RTVi-As Pontes] A vindeira semana celebrarase a Semana do Medio Ambiente nas Pontes: Camiño á sustentabilidade”, unhas xornadas abertas organizadas polo Consello Local de Medio Ambiente do Concello e mailo FORGA. A primeria parte do programa desenvolverase entre o luns e o venres nas dependencias do Forga nos Airios, e centraranse nunha introducción ao concepto de medioambiente, uso responsable dos recursos naturais e a realidade ambiental das Pontes. Falarase da recollida selectiva, dos servizos do Concello para a mellora ambiental, da inclusión da escombreira no catálogo de puntso de verquido incontrolado da Xunta, da resposta da sociedade e aportacións dos cidadánas á mellora ambiental.


E para o sábado está programada a segunda parte destas xornadas, dirixida á custodia do territorio, ou o que é o mesmo unha figura de protección. Ata As Pontes virán poñentes de diversos puntos do territorio nacional para da-la súa visión da custodia noutros lugares. O obxectivo é pois ve-la viabilidade de aplica-la custodia do territorio en diversas zonas das Pontes. E precisamente aproveitarase esta xuntanza para dar a coñece-los traballos que está facendo neste senso unha asociación pontesa integrada no Consello Local de Medio Ambiente.
Para máis información e para apuntarse nesta semana do medio ambiente nas Pontes “Camiño á sustentabilidade” poden dirixirse ou ben ao Forga, no teléfono 981-45 07 43 ou senón poden contactar directamente co Concello. O número é o 981-453 181. E se o prefiren poden mandar un correo electrónico aos seguintes enderezos aspontes@forga.org ou josealvarino@aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios