Novidades no firefox 2.0

27

Este sábado ás 16.00 horas teremos a amigus firefox2 party, e para ir abrindo boca, ahí vos van as milloras que atoparemos:


– Novidades visuais: os temas e interface de usuario de firefox 2 foron actualizados para millorar a usabilidade sen alterar a familiaridade da navegación.
– Protección contra o phishing: alerta ós usuarios cando atopan webs sospeitosas de seren falsas, e oferta a posibilidade de voltar á páxina de inicio. A protección contra o phishing está activada por defecto, e traballa comprobando sitios con listas locais ou en liña de sitios phishing coñecidos. Esta lista é actualizada regularmente cando a protección contra o phishing é activada.
– Capacidades de busca milloradas: as suxestións de busca de termos aparecerá agora cando os usuarios tecleen na barra de busca cando usen os motores de busca Google, Yahoo! ou Answers.com. Un administrador novo de busca fai máis fácil engadir, quitar e reordear motores de busca, e os usuarios serán alertados cando Firefox atope unha web que oferte novos motores de busca que o usuario poida querer instalar.
– Navegación por pestanas millorada: por defecto, Firefox abrirá as ligazóns en pestanas novas en lugar de en fiestras novas, e cada pestana terá agora un botón para pechala. Os usuarios que abran máis pestanas que as que poidan coller nunha fiestra verán frechas no borde esquerdo e dereito da barra de pestanas que lle permitirán moverse entre as pestanas. O menú do historial manterá unha lista de pestanas pechadas recentemente, e un atallo deixará ós usuarios volver a abrir rapidamente pestanas pechadas accidentalmente.
Continuaremos mañá 😉

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios