Novidades no firefox 2.0 (II)

24

Como quedaramos onte, continuamos coas milloras do firefox 2.0, e lembrámosvos que este sábado ás 16.00 horas no Lar de ENDESA teremos a amigus firefox2 party na que veremos in situ estas milloras.


– Restaurando a sesión de navegación: o Restaurado de Sesión restaura fiestras, pestanas, texto tecleado en formularios e baixadas en-progreso da última sesión de usuario. Estará activado automaticamente cando se instale unha actualización da aplicación ou unha extensión, e preguntaráselle ós usuarios se queren restaurar a sesión previa despois dunha caída do sistema.
– Previsualizando e subscribíndose a sindicacións web: os usuarios poden decidir como manexar sindicacións web (coma esta), subscribíndose a elas cun servicio web ou cun lector de RSS independente, ou ben engadíndoas ós Marcadores Vivos. My Yahoo!, Bloglines e Google Reader veñen precargados como opcións de servicios web, pero os usuarios poden engadir calquera servicio web que manexe sindicacións RSS.
– Comprobador de ortografía en liña: un novo comprobador de ortografía permite ós usuarios comprobar rapidamente o texto escrito en formularios web (coma este) sen ter que usar outra aplicación por separado.
– Títulos vivos: cando un sitio web oferta un micro-sumario (un sumario actualizado regularmente da información máis importante dunha páxina web), os usuarios poden crear un marcador con un ‘Título vivo’. Suficientemente compacto como para cubrir o espacio dispoñible para a etiqueta dun marcador, dan máis información útil sobre as páxinas que os títulos estáticos, e son actualizados regularmente coa última información. Hai varios sitios web que poden ser marcados con Títulos vivos, e incluso máis add-ons para xerar Títulos vivos para outros sitios web populares.
E mañá máis 😉

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios