A Confederación de Empresarios de Ferrol organiza un curso gratuíto sobre as vantaxes do software libre nas empresas

24

Lendo codigocero.com:
“A Confederación de Empresarios de Ferrol organiza a partir de novembro un curso de balde que dea a coñecer as posibles vantaxes dos programas de código aberto para o sector privado galego, sobre todo no que se refire ó abaratamento dos custos de implantación (non é preciso pagar licenzas polos programas).”…


…”O curso, que vai durar 100 horas e que xa ten aberto o prazo de inscrición, chámase Implantación e Aplicación de Software Libre no Contexto Empresarial. Ademais, haberá 15 prazas dispoñibles e estará orientado tanto a persoas desempregadas como a ocupadas.
Desenvolverase do 2 ó 29 de novembro, en horario de 9 a 14 horas. Segundo informa a dita confederación, ó remate do curso cada participante poderá levar un certificado acreditativo de asistencia. As persoas interesadas en acudir deberán dirixirse á sede da CEF (edificio de usos múltiples de Punta Arnela, segundo andar) ou facer a inscrición a través do teléfono 981 333 322.”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios