Distribución GNU/Linux en Galego para centros educativos

80

¿QUE E GALINUX-SLAX?
Galinux é unha distribución Linux baseada noutra distribución chamada Slax e que á súa vez se basea en Slackware Linux. As súas características máis subliñables son:
* Optimizado para ser empregado como Live-CD, é dicir, apagando o PC todo queda como estaba e non se gardarán por defecto cambios na configuración nin nos documentos.
* Dous xeitos de empregalo: como Live-CD auténtico (non necesita nin disco duro) ou instalándoo coma un programa máis en Windows XP.
… continúa …


* Aparencia e organización visual moi próximas a Windows XP e uso do idioma galego en todas as aplicacións posibles.
* Lixeiro: a pesar de iniciarse coa mesma ou más rapidez que outros sistemas operativos que necesitan instalación, xestiona ben o hardware de moitos tipos de PC sen drivers adicionais.
* Pódese iniciar desde o CD ou doutros moitos xeitos: desde discos duros (o instalador para Windows XP só fai unha pseudo-instalación), dispositivos USB, desde MS-DOS ou outros sistemas operativos (usuarios avanzados).
* Xa que foi deseñado para ser empregado en centros educativos, é moi doado e seguro: non modifica por defecto ningún arquivo ou sistema operativo preinstalado; ademais, na versión instalable ofrece unha opción de inicio que só permite a navegación web e nada máis.
* Contén moitas aplicacións: navegadores, suites ofimáticas, multimedia, para o ensino e moitas máis. Poderás traballar cos teus documentos de sempre porque moitas delas son compatibles con Microsoft Office, arquivos multimedia de Windows, etc.
* Configurable: pode escoller os programas e ferramentas por defecto no momento da instalación en Windows XP ou empregalos “en vivo” con só facer clic nun arquivo. Tamén é doado facer que os cambios na configuración e nos documentos sexan permanentes.
Máis información en galinux.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios