CURSO DE XESTIÓN INFORMÁTICA DE ASOCIACIÓNS

65

Este sábado, día 11, comeza o Curso de Xestión de Asociacións “Programa Xestora”. O curso, organizado e financiado por Euroeume, ten unha duración de 20 horas, a impartir durante 4 días no centro de formación Punto Doc., en Pontedeume.


O “Programa Xestora” é unha ferramenta para a xestión informática desenvolta pola Deputación da Coruña. O programa está orientado fundamentalmente as asociacións e entidades non lucrativas, e os obxectivos que persegue son os de mellorar a xestión das entidades, e potenciar o traballo en rede a través de espazos formativos como este.
Este curso diríxese ás asociacións e entidades do territorio, e os contidos fundamentais a traballar céntranse na personalización e adaptación do programa as respectivas entidades, a cuestións características da xestión das entidades, como poden ser levar a contabilidade da asociación, a xeración de informes (diferentes modelos para o IVE,…), as altas de asociados, patrocinios ou actividades da entidade, etc.
A data límite para realizar a inscrición é o xoves día 9 de novembro, a cota de inscrición e de 5 € para as entidades asociadas a Euroeume, e de 10 € para aquelas non asociadas. As prazas son limitadas, polo unicamente hai posibilidade de inscribir unha persoa por asociación. Para mais información pódense comunicar con Euroeume no número de teléfono 981 440668, ou a través do correo electrónico en comunicacion@euroeume.org.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios