A policía local lembra que o plantel está ao 50% polas baixas

32

[La Voz de Galicia] A Policía Local das Pontes lembrou onte unha circunstancia que hai tempo ten mermado o plantel dos efectivos de seguridade cidadá. Trátase do feito de que, dos catorce axentes ponteses, un total de seis non traballan por mor dunha baixa médica.


O máis chamativo da situación, segundo mesmo contan dende a policía local, é que a causa de que estes axentes estean de baixa é psicolóxica. Así, a prescrición médica para ausentarse do traballo susténtanse no estres ou a depresión.
A situación fai que, actualmente, as quendas da policía sexan dun axente en vez de dous. Non obstante, o Concello de As Pontes xa ten en marcha un proceso (estase a seleccionar aos candidatos) para contratar a un axente máis e a dúas persoas como auxiliares para o corpo.
Nova enviada por Varela

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios