Tradución da próxima versión do Joomla en CiberIrmandade da Fala

33

Lendo mancomun.org:
“No Entrans da “CiberIrmandade da Fala” acaban de poñer a primeira parte da tradución do Joomla 1.5 (o frontend) para que a comunidade colabore. Achégase xa ao 40% das cadeas traducidas resultado de recuperar as traducións das versións anteriores. Hai un compromiso de que Dimensiona Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Linguísticos, darán soporte a esta tradución, dende o punto de vista técnico e de revisión linguística que garantan a calidade final do produto. Ademais esta tradución será a recoñecida oficialmente por Joomla.org.”…


…”Unha vez estea rematada a tradución do “frontend” esperan poñerse a traducir a parte da administración e instalación.
Animamos a todo o mundo a participar na tradución do xestor de contidos Joomla dende a web de CiberIrmandade da Fala.
Tamén recordar que a futura tradución do Firefox de mancomun está ao 68,2% e que pronto poñeremos á vosa disposición un ficheiro coa tradución parcial para que a poidades ir probando.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios