¿sabe alguén…?

73

Non é o primeiro email que recibimos na nosa redación sobre o paradeiro da estatua do fundador de Estrella Galicia, o último foi o de Rubén e pensamos que quizais alguén lle poida axudar.
Gustaríame realizar unha pregunta, posto que dende hai tempo fáltame algo no pobo e ninguén logrou inda darme resposta. Dende que instalaran e inauguraran o paseo adicado a D. José Maria Rivera Corral, fundador da empresa cerveceira Estrella Galicia, fun capaz de ver a estatua alí colocada en dúas ocasións, pero da noite para á mañá despareceu sin que nada se oise e como se ninguén se preocupase. Xa pasou moito tempo deste suceso e as respostas (polo menos no meu entorno) son sempre as mesmas: ninguén sabe nada. Pareceume bastante raro que a ninguén lle preocupase nin o denunciase e é extraño que non se oira nada de este extraño suceso.
De ahí que a miña pregunta sexa: ¿sabe alguén dónde está a estatua adicada a D. J. María Rivera Corral?
Agradezo por adiantado a posibilidade que me brindades de preguntar e felicitovos pola gran paxina que construisteis para este pobo. Un saludo agarimoso.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios