Precisamos da vosa axuda para traducir as últimas cadeas do Firefox

29

Lendo mancomun.org:
“O traballo dos voluntarios que se rexistraron na ferramenta de tradución colaborativa Entrans conseguiu que tan só queden por traducir un 23% das cadeas da nova versión do navegador web Firefox 2.0. Precisamos da vosa axuda para ter o antes posible esta valiosa ferramenta no noso idioma o antes posible. É o segundo proxecto de localización de software que se pon no Entrans tralo éxito da tradución OpenOffice.org 2.0.4. A interface deste conxunto de aplicacións ofimáticas foi traducida en tan só dous días aínda que quedan pendentes cadeas da axuda.
A localización do Mozilla Firefox 2.0 partiu da base do traballo de Jacobo Tarrío e comezou hai dúas semanas. Mancomun.org irá introducindo no Entrans de xeito periódico novas aplicacións de código aberto para que os voluntarios as traduzan ao galego. “…


Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios