O FREIXO E O APARRAL NOS SÉCULOS XVII-XVIII E XIX

109

Nas segunda conferencia das III Xornadas de Estudios Históricos acompañaranos o profesor José Luis Novo Cazón, actual presidente do Instituto de Estudos Chairegos, para achegarnos á relación entre a historia de Vilalba e a de As Pontes.
Empregando abondosa documentación na que leva traballado e afondado dende fai anos, amosaranos o intercambio entre ambas poboacións ó longo da súa historia. Vai a presentarnos varios constructores, persoeiros chairegos e ponteses responsables de moitas pegadas que se foron marcando no noso pasado.

hume historia


E levaranos a unha fermosa viaxe por moitos datos, recompostos coa paciencia de quen realiza un arduo puzzle, e que reunidos nos revelan que o Freixo foi certamente un lugar moi importante, cheo de vitalidade, ubicado nun “camiño real”, fortalecido polos arrieiros e señores de Solloso e Montenegro. Descubriremos que os fermosos rincóns hoxe esquecidos da Pena de Francia e do camiño a Ambosores, foron cruciais para aquelas xentes, e para a historia de moitas outras vilas.

enrique-rivera.jpg

Faranos intuir un pouquiño que aquela era unha sociedade viva e con movemento, no que os intercambios culturais e de traballo poñían ós habitantes das vilas en comunicación estreita e compartida cos seus veciños.
Achegarémonos ós muiños de O Aparral, á súa xestión, ás tabernas, ós cereiros, á producción do mel, ás cofrarías, ós fidalgos… Comprendendo que esta parroquia – hoxe do Concello de As Pontes – era entón propiedade do Condado de Vilalba.
Estamos todos convidados a escoitar a un doutor en historia que sabe narrala utilizando a linguaxe que a fai comprensiva a todos, sen deixar de outorgarlle a profundidade do pensamento. Agradecémoslle a súa tarefa de terse sumerxido con humildade en tantos arquivos para legarnos os datos que nos achegan ó noso pasado. E queremos valorar o esforzo que dende o Instituto de Estudios Chairegos están a realizar pola promoción da historia local. A súa referencia aléntanos ós que coma “Hume” comezamos ainda fai tres anos.
Xabier Martínez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios