Todos os concellos deberán implantar a administración electrónica dentro de catro anos

40

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“O acceso electrónico dos cidadáns a todas as administracións deberá ser posible en 2010. Este é un dos prazos establecidos pola nova Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas. O conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, pediu unha “atención especial dende o punto de vista orzamentario e de cooperación” para que os concellos máis pequenos poidan implantar os avances necesarios.”…


…”Romeu participou o xoves na Conferencia Sectorial de Administracións Públicas en Madrid onde se estudaron os detalles da futura Lei. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza indicou o apoio da Xunta ao proxecto, tras unha serie de reunións técnicas pendentes. O texto en discusión pódese consultar nunha páxina web do Ministerio de Adminitracións Públicas.
O mandatario galego destacou a necesidade de por en marcha liñas de apoio para que “os municipios con escasos recursos poidan desenvolver as aplicacións necesarias”. Cómpre lembrar que, na actualidade, un terzo dos concellos galegos de menos de 1.000 habitantes non conta con Internet en ningunha das súas instalacións. Estas administracións son tamén as que presentan un menor uso da banda larga, segundo as enquisas do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información.
Por outro lado, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) solicitou recentemente que a nova normativa “cumpla todas as normas que regulan a accesibilidade e plena funcionalidade das persoas con discapacidade e de idade avanzada”.
Facilitar a tramitación de expedientes por internet e elimnar os trámites ante varias administracións para un mesmo fin son dous dos obxectivos desta inicitaiva. Está previsto que o Estado comece a aplicar a nova Lei a partir de 2008 e o resto de administracións a partir de 2010, un plazo que Romeu calificou de “viable” para todos menos para os municipios pequenos, para quen solicitou medidas de apoio.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios