OS ESPAZOS MEGALÍTICOS NA TRADICIÓN ORAL

33

Na terceira das Conferencias das Xornadas de Estudios Históricos de As Pontes acompañaranos Luis Gómez Souto, a quen podemos considerar un pontés de adopción recoñecendo a súa preocupación polo noso patrimonio, i en concreto nos seus esforzos excavando na Mourela e apoiando a Plataforma do Círculo Lítico.
Como Licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña acercaranos á creatividade dos relatos orais que foron xurdindo acerca dos espazos megalíticos.

hume historia


Presentaranos cales son esos espazos na nosa terra, para a continuación amosarnos as características básicas dun folklore coas súas peculiaridades propias. Achegaranos á maxia e ó secretismo dos lugares que se deron en denominar coma “mouros”, e que procedían de tempos moi anteriores, agochados no recanto inmemorial da humanidade.
Toda lenda e todo conto parte dunha fonda experiencia, e dun interesante fundamento. O noso autor nos achegará amenamente a moitas de esas lendas coma o fai a cotío nas páxinas do Diario de Ferrol.
Remata con esta conferencia as III Xornadas Históricas da Asociación “Hume”, que foron precedidas polas conferencias dos profesores Carlos Breixo (Documentación inédita da construcción da Ponte dos Ferros), e de José Luis Novo Cazón (Retazos da relación histórica entre Vilalba e As Pontes, especialmente as parroquias de O Freixo e O Aparral).
Camiñando paseniño xa chegamos ás terceiras xornadas. Ás nosas costas quedan as primeiras, celebradas no Salón de Actos da Casa Dopeso nas que contáramos cos seguintes conferencias:
24 de Setembro de 2004: “Os García Rodríguez das Pontes”, profesor Carlos Breixo. Interveu nesa ocasión tamén o Cronista Oficial de Cedeira Rafael Usero, que nos contou como aconteceu o achádego dos documentos orixinais do privilexio de As Pontes ó Señor García Rodríguez de Valcarce. E tamén Carlos Adrán Goás, director do Instituto de Estudios Viveirenses, para explicarnos o traballo de catalogación do patrimonio litúrxico de As Pontes. Estivo presente o Alcalde, coma o fixera na proposta de creación da Asociación cando a inauguración da Exposición “Memoria Santa”, en Marzo de 2004.
1 de Outono de 2004: “Entorno e fenómeno dos Poboados nas Pontes” mesa redonda con Milagros Rumbo, antropóloga.
8 de Outono de 2004: “As aras romanas de Santa Eulalia de Portorroibo e de San Mamede das Pontes”. Por Lois Armada, aqueólogo da Universidade da Coruña.

Debuxo de Noé Valiña para as Primeiras Xornadas de Estudos Históricos

debuxo-noe-valina.jpg


Nas segundas Xornadas, as do 2005, celebradas na Biblioteca Municipal contamos de novo con Carlos Breixo, que nos achegou á Vila de As Pontes na Idade Media. Co profesor e veciño pontés, César Candelas, que nos achegou á Ponte dos Ferros, nunha conferencia que quixo sensibilizarnos da importancia e necesidade do seu coidado e conservación. E coa Sección de Etnografía da nosa Asociación que nos achegaron a relatos de tradición oral recollidos recentemente por algúns membros de “Hume”.
Dende a Asociación queremos agradecer a cantos estades a participar nelas e a cantos vivides a inquedanza polas nosas raíces. A nosa misión quere ser a de seguir creando esa conciencia e a de facilitar, na medida das nosas humildes posibilidades, un vieiro de investigación sobre o noso pasado. Agradecer a Anabel, responsable da Biblioteca Municipal, a súa boa disponibilidade e axuda para ter sempre todo disposto para estas xornadas, así coma a súa paciencia para acoller as nosas xuntanzas da Asociación.
Agradecer a Colaboración do Concello das Pontes, de AMIGUS, e dos Medios de Comunicación Locais, pola súa disfusión durante estos días.
Estamos a preparar o primeiro número da nosa revista “Hume” que pretende recoller boa parte destas conferencias, así coma outros artigos que nos pareceron salientables. Agardamos facervos pronto partícipes dela.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios