Membros do parlamento en Francia migrarán a Linux

49

Lendo agnix.org:
“Membros do parlamento en Francia utilizarán software de código aberto e a Linux como o seu sistema operativo a partir de Xuño de 2007. Co proxecto veranse 1,154 estacións de traballo correndo software de código aberto, incluíndo o OpenOffice.org, Firefox e clientes de correo electrónico de código aberto. Un portavoz do parlamento dixo que non foi tomada unha decisión en canto a que sistema operativo e que cliente de correo electrónico vanse a elixir.”…


…”O parlamento foi convencido grazas a un estudo realizado por Atos Origin. O parlamento dixo que ‘O estudo mostrou que o software de código aberto a partir de agora ofrecerá funcionalidade adaptada ás necesidades dos membros do parlamento, e permitiranos facer aforros substanciais malia os costos de migración e de capacitación asociados’.
Benoît Sibaud, presidente da asociación para a investigación e a promoción da informática libre, dixo que a migración permitirá á Assemblée Nationale (Asemblea Nacional) ter un maior control sobre as tecnoloxías da información, sen depender de ningún vendedor, e facer un mellor uso do diñeiro público.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios