Xornada de Conferencias: ‘A restauración da Mina de As Pontes’

26

O 31 de decembro de 2007 cesa a extracción de lignito na mina de As Pontes, consecuencia delo, ENDESA encherá con auga o oco da mina facendo un lago de 550 millóns de m3 e unha profundidade de ata 200 m, ó noso xuízo cun alto perigo de que se produza nel un ambiente totalmente incompatible coa vida.
O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, preocupado polo futuro do entorno de As Pontes, organiza para este sabado día 2 de decembro na Casa Dopeso unha xornada de conferencias co título: “A restauración da mina de As Pontes“. Gracias ós prestixiosos ponentes que se prestaron a participar, cremos que será explicado en profundidade o proxecto de enchido do oco da mina e todolos ponteses recibirán unha resposta as súas inquedanzas.


A partir das 4 da tarde intervirán:
Felipe Mazías Vázquez
Catedrático de Edafoloxia da Universidade de Santiago de Compostela.
Tema: Impacto Ambiental do proceso de enchido do oco da mina de As Pontes.
Francisco Aréchaga
Director da mina de ENDESA
Tema: O lago da mina de As Pontes, un proxecto de sostenibilidade Ambiental
Francisco da Silva Bello
Concelleiro de Calidade de As pontes
Tema: Actuación municipal na mina de As Pontes

Cartel.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios