MOVEMENTOS ECLESIAIS PONTESES NOS SÉCULOS XIX E XX (1ª Parte)

231

O século XIX caracterizouse na Igrexa e nas parroquias por un forte rexurdir do afán misioneiro, que virá acompañado do nacemento de moitas ordes, congregacións e institucións evanxelizadoras cun marcado matiz de implicación social.
Todos estos movementos crearon unhas parroquias máis activas, que sobrepasaron o espacio do meramente litúrxico para dinamizar a vida de moitas vilas a un nivel social, promocional, formativo, e cultural.
As Pontes vivíu esa etapa no século XIX con varias asociacións coma a de “Hijas de María de Puentes”. Da súa xunta directiva temos datos dende o ano de 1880.

Obra de teatro 1912 (Foto Vila)
foto-obra-de-teatro-1912.jpg


PORTADA DA LIBRETA DE COMPOÑENTES DA ASOCIACIÓN DE “HIJAS DE MARÍA DE PUENTES” DO ANO 1880
portada-libro-da-asociacion.jpg

Estas asociacións non so se quedaron en convocar tandas de exercicios para os seus compoñentes, senón que tamén recreaban obriñas de teatro, realizaban excursións, merendas, chocolates, veladas, coros… sendo o precedente do actual “Liceo” pontés; foi nestas asociacións relixiosas onde dun xeito ou doutro tivo a súa orixe. Eran movementos que aglutinaban á elite intelectual do momento, ou polo menos ós máis formados (mestres, médicos, avogados…). A presencia da mestra “señorita” liderando a Asociación era o habitual. O 15 de Maio de 1914 o diario “La Unión” publicaba :
“Homenaje de cariño- Desde el momento que se supo en esta villa el feliz arribo a la Coruña del trasatlántico en que regresaba la ilustrada y querida profesora de esta escuela Dª RITA CABARCOS DURÁN, inicióse espontáneamente entre las niñas que son sus discípulas, un entusiasmo y una alegría reveladores del cariño que le profesan y el grato recuerdo que de ella conservan.
El día señalado para su llegada, un grupo numerosísimo fue hasta Portorroibo (4 kilómetros) para esperarla, quedando las más pequeñitas en la carretera de esta villa dispuestas todas a recibir con el afecto que merece a la cultísima profesora que siempre las distingue con su cariño.
La noche hizo regresar a las excursionistas y todas, muy contrariado por cierto, marcharon a sus casas.
A las diez aproximadamente llegó la esperada viajera y, no obstante lo intempestivo de la hora, reuniéronse inmediatamente en número muy considerable frente a su casa prorrumpieron en vítores y aclamaciones a la vez que las personas mayores, secundando tan ingenuo recibimiento, aplaudían sin cesar”.
Pois ben, Dona Rita Cabarcos será un deses personaxes presentes na vida cultural dos movementos relixiosos ponteses de finais do XIX e da primeira metade so século XX, dunha presencia e traballo inesgotables. Aparece coma secretaria da xunta da Asociación de “Hijas de María de Puentes” en 1884. Esa xunta estaba composta polas seguintes mulleres:
DOCUMENTO ORIXINAL DA XUNTA DE 1884
xunta-directiva.jpg

“Asociación de Hijas de María de Puentes. Junta formada en 1884.
Presidenta: Doña Antonia del Riego
Secretaria: Rita Cabarcos
Vicepresidenta: Manuela Alende
Tesorera: Filomena Fraga
Camarera: Sabina Rodríguez Otero
Instructora: María Francisca Ledo
Consiliarias: Encarnación Sánchez – Segunda Fraga”
E no 1886 a Xunta estaba formada pola seguinte directiva:
“Presidenta: Dª Francisca del Riego
Secretaria: Rita Cabarcos
Vicepresidenta: Dª Manuela Alende
Tesorera: Filomena Fraga
Camareras: Sabina Otero Rodríguez – Petra Rodríguez Otero
Instructora: Emilia Ledo
Consiliarias: Encarnación Sánchez – Manuela Casás”
A asociación dividíase en grupos denominados “coros”, cada un deles dividíanse á súa vez en dous ou tres grupos (seccións) levados por unha xefa, dunhas dez ou once persoas, e que eran coordinados por unha directora que exercía de xefa dunha das seccións. No 1884 había catro coros, con seccións de xentes de máis aló da propia vila, en barrios coma “Yllade”, Alimpadoiros, A Cuiña, A Mourela, A Balsa, Gondré, A Riveira, e incluso en Recemel e Xermade. E as seccións estaban compostas polas seguintes mulleres:
1º Coro
1. Directora. Mª Josefa Cabarcos
2. Manuela Alende
3. Segunda Fraga
4. Aurora Fraga
5. Aquilina Bouza
6. Manuela García
7. Jacoba López
8. Brígida López
9. Marcelina López
10. Secundina Fernández
11. Francisca López
12. Jefa. Manuela Trigo
13. Josefa Trigo
14. Hipólita Freire
15. Casilda Piñón
16. Juana Pico
17. Manuela Rouco
18. Dª Francisca del Riego
19. Dolores Mouriño
20. Vicenta Mouriño
21. Josefa López
22. Jefa. Rita Cabarcos
23. Filomena Fraga
24. Encarnación Sánchez
25. Rosa Sánchez
26. Jacoba Boga
27. Manuela Casas
28. Victorina Casas
29. Mª Francisca Ledo
30. Emilia Ledo
31. Dolores Díaz Cora
2º Coro
1. Directora. Andrea López
2. 1ª Jefa. Gerardo López
3. Elisa Cobelo
4. Pastora Cobelo
5. Sinforosa Bouza
6. Mª Antonia López
7. Filomena Bamonde
8. Micaela Cortiñas
9. Carmen Prieto
10. Rita Rivera
11. Nicolas Rivera
12. Jefa. Isabel Pita
13. Martina Ledo
14. Isabel López
15. Cristina Rouco
16. Manuela Roca
17. Pilar Barro
18. Francisca López
19. Carmen López
20. Dolores López
21. Rita López
22. Jefa (Yllade) Josefa Corral
23. Dominica Corral
24. Josefa Cabarcos
25. Rosenda Pérez
26. Albina Fernández
27. Jefa. Francisca Villarino
28. Francisca Villarino
29. Rosalía Villarino
30. Antonia Villarino
31. Vicenta Fernández (Alimpadoiros)
3º Coro
1. 1ª Jefa. Manuela González.
2. Victorina Alende
3. Fermina Alende
4. Francisca Rivera
5. Andrea Rivera
6. Mª Fernández
7. Manuela Bouza
8. Juana Cao
9. Joaquina Rouco
10. Mª Dolores Baamonde
11. María Bañobre
12. 2ª Jefa. Trinidad Blanco
13. Dolores Rivera
14. Emilia Rivera
15. Vicenta Franco
16. Benita Ferreiro
17. 3ª Jefa. Francisca Bouza
18. Generosa Bouza
19. Dolores Bouza (Cuiña)
20. Basilisa López
21. Dolores López
22. 4ª Jefa. Manuela Martínez
23. Faustina Ferro
24. Mª Vicenta Ferro
25. Manuela Sánchez (Mourela)
26. Florentina Cabeiro (Mourela)
27. 5ª Jefa. Margarita Pico López (Balsa)
28. Modesta Guerreiro
29. Mª Juana Bellas (Mourela)
30. Aurora Sánchez (Mourela)
31. Mª Dolores Bellas (Mourela)
4º Coro
1. 1ª Jefa. Dª Antonia del Riego
2. Sabina Rodríguez Otero
3. Petra Rodríguez Otero
4. Ynés Rodríguez Otero
5. Carolina Osa
6. Mª Juana Seoane
7. 2ª Jefa. Serafina Blanco
8. Mª Antonia Blanco
9. Maximina Pico y Lago
10. Dolores Fraga
11. Ynocencia Fraga
12. 3ª Jefa. Juana Fernández (Gondré)
13. Mª Josefa Paz (Gondré)
14. Dionisia Durán, Juana Alonso (Recemel)
15. Luisa Álvarez (Recemel)
16. María Formoso (Recemel)
17. 4ª Jefa. Carmen López (Germade)
18. Rosenda Carballo
19. Andrea Romero
20. Luisa Souto
21. Manuela Paz
22. Jovita Bouza
23. Valentina Pérez (Riveira)
24. Andrea Bouza
25. Mª Juana Formoso
26. Josefa Díaz
27. Dolores Bellas
28. Juana Bellas
29. Dolores Fraga
30. Josefa Fraga
31. Juana Cabeiro (Borrallas)”
A Asociación de “Hijas de María de Puentes” estaba composta por 124 mulleres en 1884. Nese ano, atopamos no número 10 do segundo Coro a dona Rita Rivera Chao, benefactora da parroquia e da vila, como ben sabemos, xunto co seu irmán D. Sergio Rivera Chao.
O listado de 1886 é o que sigue:
1º Coro
1. Directora. Manuela Alende
2. Jefa. Francisca López
3. Josefa López
4. Jacoba López
5. Brígida López
6. Marcelina López
7. Pastora López
8. Juana Pico
9. María Freire
10. Dolores Mouriño
11. Vicenta Mouriño (Antonia Castro) – Brigeo
12. Jefa. Rita Cabarcos
13. Hipólita Freire
14. Manuela García
15. Casilda Piñón – Manuela Pérez
16. Jacoba Boga
17. Encarnación Sánchez
18. Filomena González
19. Antonia Solloso
20. Emilia Ledo
21. Filomena Ledo
22. Jefa. Victorina Casás
23. Manuela Casás
24. Encarnación Casás
25. Filomena Casás
26. Juana Cao
27. Manuela Rouco
28. Dolores Díaz Cora
29. Joaquina Rouco
30. Isabel López
31. Francisca López
2º Coro
1. Manuela González (Chamoselo)
2. Jefa. Victorina Alende (Chamoselo)
3. Fermina Alende (Chamoselo)
4. Directora. Francisca Alende
5. Francisca Rivera
6. Andrea Rivera
7. Carmen Rivera
8. Manuela Bouza
9. Manuela Alende Fontao
10. Dolores Rivera
11. Emilia Rivera
12. Jefa. Margarita Pico López (Balsa)
13. Cristina Rouco
14. Manuela Roca
15. Dolores López Romero
16. Martina Ledo
17. Carmen López (Crucero)
18. Rita López (Villa)
19. Pilar Barro (Ausente)
20. Antonia Vilasuso
21. Remedios Casas
22. Jefa. Andrea López
23. Elisa Cobelo
24. Pastora Cobelo
25. Sinforosa Bouza
26. Mª Antonia López
27. Filomena Baamonde
28. Micaela Cortiñas
29. Carmen Prieto (Molino)
30. Francisco Fernández
31. Gerarda López – Martina Rouco, criada
3º Coro
1. Directora. Dª Antonia del Riego
2. Dª Francisca del Riego
3. Mª Juana Seoane
4. Nicolasa Rivera
5. Rita Rivera
6. Jefa. Sabina Rodríguez
7. Petra Rodríguez
8. Ynés Rodríguez
9. Secundina Fernández
10. Carolina Osa
11. Filomena Fraga
12. Jefa. Francisca Vilariño
13. Eugenia Vilariño
14. Rosalía Vilariño
15. Antonia Vilariño
16. Vicenta Fernández (Alimpadoiros)
17. Jefa. Josefa Corral (Yllade)
18. Dominica Corral (Yllade)
19. Josefa Cabarcos (Yllade)
20. Rosenda Pérez (Seara)
21. Albina Fernández (Alimpadoiros)
22. Jefa. Ynocencia Fraga
23. Dolores Fraga
24. Aurora Baamonde
25. (La de Seijas) Manuela Seijas
26. Maximina Pico
27. Jefa. Dolores Fraga (Veiga)
28. Juana “Vilavoy”
29. Manuela “Vilavoy” (Gondré)
30. María Josefa Paz
31. Mª Juana Cabeiro (Borrallas)
4º Coro
1. Directora. Trinidad Blanco (Narón)
2. Jefa. Valentina Pérez
3. Vicenta Ferreiro
4. Benita Ferreiro
5. Josefa Ferreiro. Ausente
6. Matilde López (Pontoibo) – Mª Josefa López (Pontoibo)
7. Jefa. Mª Cristina Rivera (Escudeiro)
8. Josefa Rivera (Escudeiro)
9. Segunda Cebreiro (Marrajón)
10. Manuela Sánchez. Ausente. (Mourela)
11. Florentina Cabeiro
12. Jefa. Basilisa López
13. Dolores López (Dá)
14. Dolores Bouza
15. Faustina Ferro (Campo da Coba)
16. Mª Vicenta Ferro (Campo da Coba)
17. Jefa. Dionisia Durán
18. Luisa Álvarez (Recemel)
19. Juana Álvarez
20. Margarita Rivera
21. Antonia Alonso
22. Jefa. Carmen López (Germade)
23. Rosenda Carballo
24. Andrea Romero
25. Manuela Paz – Dª Jacinta Paz
26. Luisa Souto
27. Jefa. Andrea Bouza (Vilavella)
28. Josefa Díaz López (Vilavella)
29. Aurora Sánchez
30. Dolores Bellas (Mourela)
31. María Branove (Roupar)
A estos grupos foron agregándoselles outras novas persoas posteriormente. Así en 1897 apareceu un quinto Coro:
1. Directora. Jacoba López
2. Jefa. Marciala Trigo
3. Rita Trigo
4. Manuela Bellas (Villa)
5. Mercedes López
6. Andrea Bouza (Riego del Molino)
7. Manuela Bouza (Riego del Molino)
8. Antonia Bouza (Riego del Molino)
9. Manuela López (Riego del Molino)
10. Jefa. Francisca González (Vilavella)
11. Bernarda Ramil (Candamil)
12. Josefa González (Seara)
13. Carmen Bermúdez (Candamil)
Nese ano de 1897 a Asociación viñera de reformarse, formándose unha nova xunta de goberno formada por:
“Presidenta: Manuela Alende
Secretaria: Rita Trigo
Camareras: Ascensión del Riego – Manuela Roca
Ynstructora: Filomena Ledo
Consiliarias: Jacoba Lorenzo Alende – Victorina Rivera”
E o 30 de Decembro de 1899 entran:
1. Remedios Ledo Formoso (Villa)
2. Dolores Blanco Rouco (Villa)
3. Dolores Prieto Soto (Tras del Puente)
4. Dolores “Cavaleiro” (Crucero)
5. Josefa ledo y López (Crucero)
6. Josefa Cavaleiro (Crucero)
7. Pura López Barro (Villa – Iglesia)
8. Ysabel Prieto Soto (Tras del Puente)
E en 28 de Decembro de 1902:
Virgilia Ledo Formoso
E en 8 de Decembro de 1903:
Francisca Barro
En sucesivos anos continúan a inscribirse mulleres na asociación, especialmente con motivo dos exercicios de 1904:
Emerica López Cabarcos
Mª de los Dolores Castro Martínez
Manuela Bellas López
María del Carmen Villadóniga López (Crucero)
Celestina Castro Piñón (Calle de San Juan)
En Decembro de 1905:
Filomena Paz (viuda de Andrés) (Crucero)
María Corral Ocampo (Crucero)
Pilar Corral Ocampo (Crucero)
Francisca Iglesias (Villa)
Antonia Fernández (Villa)
Raimunda Baamonde (Trigo)
Valentina Vila Costas (Porto Lago)
María Vila Costas (Porto Lago)
Manuela Prieto (Acivido)
No 1908:
Carolina Rivera López (Carretera)
Carmen Ledo López (Carretera)
Purificación Ledo López (Carretera)
Guadalupe Pellón Mouriño (Crucero)
En 8 de Decembro de 1908:
Lucita Castrillo Santos
Anastasia Ledo López
Segunda Fraga
Pura Fraga
En 2 de Febreiro de 1909:
Dolores Freire López (Cortes)
María Serra Bermúdez (Villa)
María Prieto Ferro (Villa)
En 2 de Abril de 1909:
Emilia Mosteiro Penabad (Villa)
María Barro Ledo (Villa)
María Manuela Barro Ledo (Villa)
María Blanco Calvo (Narón)
María Alvariño (Cuiña)
En 4 de Febrero de 1912:
Lucía Ferro (Puentes)
Dolores Alonso (Yllade)
Carmen Agres (Roupar)
Filomena Roca (Vilavella)
María Caaveiro (Vilavella)
Catalina Yglesia (Roupar)
Ynocencia Cabada (Puentes)
Consuelo Cabarcos (Puentes)
Dolores González (Vilavella)
En 29 de Junio de 1912
Niebes López Martínez
Josefa López Martínez
Josefa Domínguez Solloso
Rematan nese ano de 1912 os últimos datos de esa asociación de “Hijas de María de Puentes”, da que temos constancia da súa existencia durante 32 anos na vila, e que debemos por en relación coa imaxe da Purísima que se atopa na Igrexa parroquial de As Pontes.
Existiron outros movementos, como poderedes ler a vindeira semana, pero xa da primeira metade do século XX. A vindeira semana presentareivos a documentación que se conserva sobre a “obra de las Tres Marías del Arciprestazgo de Puentes” constituída o 20 de marzo de 1928, o “Apostolado de la Oración” que foi constituido no 1921 e do que foi tesoureira dona Rita Rivera Chao e do que existen datos ata 1938, en que os/as membros destos movementos se integraron na nacente “Acción Católica”.
Achegarémonos ás Actas de Reunión levantadas nas xuntanzas da Acción Católica de As Pontes entre 1944 e 1948, que son as que se conservan, e que nos dan noticia das cestas do Nadal, e comprobaremos algo de cómo se intentaba facer chegar algún medio de vida ós necesitados da parroquia nos anos da fame, i en especial nas datas do Nadal. Veremos as facturas do leite en pó, e as cantidades en que debía ser distribuida.
A celebración especial do día da Nai, algunha das escenificacións que se facían con motivo do día de Reis, e incluso achegarémonos a varios dos textos que foron utilizados nalgunha das representacións na posguerra.
Tamén amosarei o libro de Actas da Acción Católica de A Vilavella, que tiña coma titular a “Santa Tareixiña do Neno Xesús” e cuio libro de contabilidade inicia o 6 de Novembro de 1938 e remata en Xaneiro de 1947. Amosareivos tamén, da Vilavella, as contas de ese chocolate de 1923, do que se conserva a coñecida foto de Vila de toda a parroquia xunto ó Cruceiro.
E transcribirei unhas fermosas listas das seccións de nenos e nenas da catequese en As Pontes nos anos corenta, que lle servirán a moitos para lembrar a lista de compañeiros de xeración e que suman un número de 109 nenas que formaban máis de sete grupos de catequese coas catequistas daquel tempo (Antoñita Iglesia, Carmen Vázquez, Pilar Méndez, Esperanza Ferro, Josefa Vivero, Carmen Rego, María de los Ángeles Seoane, Generosa Ríos), e unha cantidade de 96 nenos, agrupados en máis de sete seccións, e con catequistas como Ricarda Rivera, Virginia Ledo, Sara Bellas, Laudelina Fernández, María del Carmen Lens, Milagros Ferreiro, Lolita Romero, Luz Alende, Nieves Carro, Carmen Fernández…
Achegarémonos a outra das obras cun talante máis litúrxico e menos de implicación social coma a das “Marías de los Sagrarios Calvarios de Puentes”, do que se conserva o seu libro de actas que inicia no 1931.
Movementos que mirados dende hoxe poden suscitar moitas críticas e resquemores, pero que foron parte da propia historia en tempos de escasez, de pobreza, mais de entrañable relembranza que se fai imborrable no tempo, e que deixou a pegada dos nomes de moitas xentes da vila, gardados nun caixón desastre de papeis que recuperados da papelera do esquecemento lle farán revivir o paso do tempo a moitos. Con todo o meu afecto hacia aqueles que aparezan entre estos nomes, ou entre aqueles que atopen neles a xentes benqueridas. Son coma persoaxes do noso entrañable nacemento que voltamos a ollar de novo neste tempo en que se achega o Nadal.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios