O pleno aproba un novo trámite para axilizar a ocupación dos Airíos

93

[La Voz de Galicia] Andamos a toda pastilla» co polígono dos Airíos, dixo onte o alcalde pontés para explicar que o Concello está facendo todo o posible para que as empresas se instalen canto antes na nova fase do parque industrial municipal, que contará con 150.000 metros cadrados máis.


O goberno local convocou para hoxe ás nove da mañá un pleno extraordinario para aprobar o alleamento de parcelas nos Airíos, un paso máis que acurta os prazos para que os industriais podan empezar a levantar as súas naves.
Os empresarios que reservaron parcelas na nova fase dos Airíos falaron fai uns días co concelleiro Francisco Dasilva para trasladarlle que teñen presa por asentarse.
As obras de ampliación do polígono -que executa FCC cun presuposto de catro millóns- arrastran certo retraso debido aos problemas para lograr terra suficiente para realizalos recheos e urbanizar. Ese material tiña que aportalo a Consellería de Política Territorial, que o obtería das obras da autovía.
Acordo con Vivenda
O pleno de hoxe servirá tamén para aprobar a cesión á Consellería de Vivenda dunha parcela cedida ao Concello por Endesa para construír un centro de día e vivendas sociais.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios