Mancomun.org publica O Software Libre nas entidades de Galiza

65

Mancomun.org, coma Observatorio do Software Libre en Galicia, acaba de publicar O Software Libre nas entidades de Galiza que analiza o emprego do código aberto na PEME, empresas informáticas, concellos e centros de ensino non universitario.

logo_mancomun.png


O estudo indica que o Software Libre estase a desenvolver de xeito desigual segundo os diferentes ámbitos. Nas empresas informáticas o uso é maior (48%), seguido por concellos (32%), centros de ensino (20%) e a PEME non tecnolóxica (10%). Goza dunha imaxe excelente e a principal razón para non usalo é o descoñecemento. Ademais faise evidente a necesidade de actividades de difusión e formación en todos os sectores estudados.
O Software Libre nas entidades de Galiza, reflicte unha maior presenza no eido público cunha porcentaxe importante de administracións locais que xa empregan tecnoloxía de estándares abertos. Nos centros educativos o índice de emprego é menor pero existe unha boa predisposición a usalo.
Pola súa banda no sector privado as empresas informáticas usan o Software Libre para levar a cabo os seus produtos e servizos pero son reticentes á hora de establecer novas liñas de negocio baseadas en código aberto. Na PEME en xeral existe un grande descoñecemento aínda que goza dunha boa imaxe.
Prema aquí para descargar o informe

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios