‘Mostra Feísmo Urbanistico en As Pontes’

97

A Asociación Cultural Choiva Azeda inaugurará o martes 26 de decembro, ás 18 horas na Casa da Cultura do Concello, a exposición: “Mostra Fotográfica do Feísmo Urbanistico en As Pontes”.


As imaxes foron recollidas a través dun concurso aberto, e ao que se presentaron 24 cidadáns da vila pontesa e da comarca, e incluso 1 partipante envíou as súas fotografías dende Madrid.
A Asociación aprobeitará a inauguración para dar a collece-lo gañador do “1º Concurso sobre Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes” que levarase 300 euros en metálico, así como os gañadores dos dous accésits de 100 euros cada un.
O xurado encargado de face-la selección das fotografías premiadas e das seleccionadas para ser exposas na Casa da Cultura estará presidido por un socio de Choiva Ázeda e formado por representantes de asociacións locais como: Asociación Informática Amigus, Asociación de Estudos Históricos UME, Plataforma Cidadán pola Defensa do Círculo Lítico da Mourela e o Irmanamento As Pontes-Lesneven-Carmarthen, así como unha arquitecta pontesa que exerce a súa profesión en Londres, e colabora habitualmente con Choiva Ázeda.
A toda/os os que colaboraron con nós, así como a toda/os os participantes no concurso… Gracias.
Máis info na web de Choiva Azeda

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios