Vender ordenadores sen S.O. preinstalado

60

Lendo agnix.org:
” ‘É imposible para os consumidores comprar ordenadores “limpos” e poder elixir despois libremente o software que desexen instalar no seu equipamiento’, dixo UFC-Que Choisir nun comunicado.
‘Máis aló da cuestión dos principios, o factor económico non é insignificante porque hoxe o software pode representar o 10 ó 20 por cento do prezo dun ordenador’, engadiu.”…


…”A principal organización de consumidores francesa anuncio este xoves que pedirá ao fabricante de ordenadores estadounidense Hewlett-Packard e a dous minoristas que separen o software dos ordenadores persoais que se venden nas tendas.
Mencionou no caso a comerciantes como Darty, parte da británica Kesa Electricals, e a empresa de capital privado Auchan, o terceiro minorista máis grande de Francia.
Ningunha das empresas minoristas nin HP en Francia estiveron inmediatamente dispoñibles para facer comentarios.
A avogada de UFC-Que Choisir Sandra Wouhling dixo que a actual práctica forza aos consumidores ordinarios a comprar ordenadores co sistema operativo Microsoft mentres algo inaudito e que limita a capacidade de decisión destes.
Dixo que os casos levarían dun ano a un ano e medio para chegar a unha conclusión e involucrarse en varias demandas comerciais, contra Darty en Parides, contra Auchan en Bobigny e contra HP en Nanterre. “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios