Resumo da AmiguSoft-Libre

113

Cun pouco de retraso resumímosvos a primeira AmiguSoft-Libre que tivo lugar no Lar o pasado venres entre as 10.00 e as 14.30 horas.
Comezamos cun pouco de retraso almorzando na cafetería do Lar, pero o amigu Gustavo comezou con moitas gañas e púxonos as pilas captando toda a nosa atención nos primeiros minutos da súa ponencia.

party01.jpg


En pouco máis dunha hora xa estabamos todos cos zapatos preparados para saír pitando a probar o blender, pois cunha claridade asombrosa puidemos ver as maravillas desta aplicación de modelado e animación, e o que parecía algo “fácil” de chegar a facer.

party03.jpg

Tomamos un café e comezamos a escoitar a presentación de mancomun.org por parte de Tomás Vilariño, que tratou dun xeito esquemático e claro o movemento do software libre, o seu estado en Galicia e a iniciativa mancomun.org.
party04.jpg

Empatando con este relatorio tivemos un coloquio moi animado sobre a difusión do software libre e a función de proxectos como o de mancomun.org. Entre os temas tratados falouse do modelo de mercado do software privativo e o do software libre e as súas implicacións na difusión deste último. Tamén se tratou do seu descoñecemento en xeral, e da necesidade “moral” de que as Administracións Públicas e os Centros Educativos o usen e o promovan.
party05.jpg

Aínda que foi unha xornada pequena, o resultado entendemos que foi moi satisfactorio tanto pola asistencia como polo contido dos relatorios e do coloquio.
Dende amigus queremos agradecer enormemente tanto a Gustavo Muñoz como a Tomás Vilariño o seu esforzo para connosco ó facer estos relatorios.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios