O desafío da lenda

36

Por Xosé Chao Rego
¿Qué pode decir un vilalbés que leva vinte anos camiñando da sua terra pra Ferrol e da cidade departamental pra Vilalba? Pra mín. o pobo de García Rodriguez tiña hastra agora o encanto non pequeno de ter sido ‘unha ponte’: unha vila medianeira, máis perto xeográfica i espiritoalmente da vila onde nacín que da cidade na que requería o meu traballo pastoral.


Pro agora, ‘no medio camiño da miña vilda’, como dixera o Dante, véxome convidado a entrar no mesmo miolo da vida pontega e, de súpeto. esa vila de tránsito, énchese de significación. Si hastra o intre sóio a chamada de escasos amigos me estimulaba a determe, agora síntome hóspede do mesmo pobo, que me convida a participar literalmente nas suas festas, por medio destas liñas.
Se endexamáis o foi do todo, en adiante ca non poderá ser pra este cronista unha poboación estrana. Por sorte atopeime coa posibilidade de chegar nalgún senso hastra a alma do seu vivir, gracias o agasallo que me fai o meu amigo e compañeiro Enrique Rivera Rouco, da ‘Historia de Puntes de García Rodriguez’, que él mesmo ten feita e publicada, coa axuda do Concello municipal pontés. ¿Teño que xurar que que lin o libro dunda sentada? Mellor diréi, dunha deitada, xa que non fun quen oa pega-lo ollo, nesa farturenta noite na que non adormecín hastra rematar a lectura.
Sorprende atoapr na historia das Pontes a lenda da cidade de Valverde (ou Vilaverde), é decir, dunha cidade asulagada no fondo dun lago polo castigo divino, por se teren tirado ao vicio os ses habitantes. Esta é a lenda de cáseque tódolos lagos ou terreos lagoeiros. Tal é o caso das lendas de Sodoma e Gomorra que se atopan na Biblia, ou do lago andino Titicaca, por poñer exemplos ben lonxados.
Pro unha lenda endexamáis é un conto, unha fábula, algo falso ou só froito da imaxinación quente, senon a memoria dun pobo que expresa a sua historia anterga de forma poética, concentrada en mitos; é decir, en narracións cheas de simbolismo, de significación permanente, que pode durar pra tódolos tempos. Ben nos fai comprender Enrique Rivera que a lenda de Valverde non é falsa, posto que se atoparon restos dunha civilización celta no lugar do que se conta a historia. ¡Maila que estes tan recentes achádegos non se teñan conservado!
Toda lenda de castigo ou de diluvio universal conta cunha excepción: aquel xusto ou aquela persoa ou familia inocente que se salva da catástrofe, preceisamente pola sua inocencia, pra poder fundar un novo pobo. Diríamos que dnpóis dun ‘pecado orixinal’ que abrangue a tódolos membros dunha comunidad, fai falla un home novo que represente unha nova creación.
Seica en Valverde se afogaron tódolos vilegos, menos unha rapaza que saíu a nado berrando por santa Eulalia e pidíndolle que a salvara. Aseguramente que a tal moza era virxe, non contaminada polo vicios dos seus paisans. Se así non fora, a lenda non sería completa.
A partires do ano 1942 As Pontes escomenzóu un crecimento demográfico e un desenrolo económico do que os vilalbeses non temos senon que sentir envexa. Como nas filateiras entre pícaros, as rivalidades entre pobos son decote infantis: ¿quén ten máis habitantes, onde hai máis industria, qué vila é mais importante? ¿Podería un vilalbés escribir sobor de As Pontes sin facer referencia a estas rivalidades vilegas e a ese pecado capital ben comprensíbel como é a envexa?
Se me permete amosar a miña admiración e a sinceira amistade, aló van tamén as felicitacións e a ledicia de que a nosa vila teña medrado e se teña feito forte e fermosa. Xa non é unha neniña famenta senon unha moza garrida e farturenta.
Somente que, como amigo agradecido de aparecer nas páxinas da vosa gran festa, quizaves levado da miña deformación profesional non resista a tentación de bota-lo sermón e querervos lembrar os seninos da vosa mesma lenda: pra que a vosa vila se convirta nesa rapaza que berra e ponse a nadar por mor de non finar asulagada. Pra que manteña a pureza dos seus costumes, a virxinidade da sua paisaxe. Hai unha pregunta que sempre, e aínda máis denpois de ter lida a vosa historia, me inqueda: As Pontes, ¿eres tí mesma?
Veleiquí o significado do libro de meu bó amigo Enrique: recatar a máis anterga historia e os acontecementos máis domésticos pra que a vosa vila se manteña sendo ela mesma, propia, doméstica: na sua propia casa. E os que veñan de fora ou os que nos acheguemos ocasionalmente, sexamos ‘domesticados’, en non chegarnos arrasando, domando, azulagando, como na lenda que estamos a rememorar.
¿Non dí a vosa historia escrita no devandito libro que nas Pontes hai duas culturas, a nativa do pobo, tradicional, e a importada polos de fora, que en outro tempo eran chamados ‘bárbaros’ e agora, por seren máis finos, díselles tecnócratas? ¿Cal desas culturas vai imporse? Tantos beneficios materiáis ¿van repercutir en favor dos fillos do pobo pontés de xeito que teñan que pagar o precio da doma e castración técnicas?
Permitideme dixarvos a miña testemuña crítica: cando vexo a vosa soberbia chimenea, non podo esquecer os temores pensando nun inmendo orgasmo de contaminación e de ‘confusi´pn’, que eso significa a palabra ‘Babel’, aquela torre que artellaron aqueles homes pra chegaren a ter sona entre os demais pobos. Hoxe, As Pontes ten gran sona en toda España, pro, ¿tedes en conta o precio? Que non se repita o conto da vila de Valverde. ¿Qué vicios e pecados maxinarán os homes do futuro cando vexan as ruinas que fixo a modernidade?
Non se pode dar marcha atráis, nin quizaves habería por qué face-lo. O progreso humán é necesario, pro sempre resulta ambiguo. Noraboa ás Pontes que progresóu e tivo fortuna de ter un ricaz chan, privilexiado. Agora, ¡que se poña a nadar como a rapaza de Valverde, por mor de non afogar! As festas patronáis poden ser unha ocasión pra celebrar todos aqueles recordos que compren pra que a nosa vila non perda a sua identidade.
Pro non se pode quedar un en lembranzas. Fai falla dar pasos adiante. Estou a ler o boletín do Liceo Recreativo e Arístico das Pontes. O seu nome é moi expresivo: A xanela. Abrir as fiestras da cultura e do arte, da loita por unha vila mellos, veleiquí o que aínda se pode facer: ter unha ventá aberta qus sexa, por unha banda, unha disposición a acoller ás persoas que veñen de fora e traen un ar novo,pro pola outra, unha residencia activa pra non deixarse asulagar.
Gracias pola vosa acollida e que a Virxe do Carme, ¡patrona de mariñeiros! vos adeprenda a nadar. Que a divinidade celta do voso Eume leve nas suas augas o vento frío e implacabel do xistral, fertilizante do voso sempre val verde e da vosa vila xa madurecida polo seu crecimento e pola vosa enxebre hospitalidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios