Integrando documentos de OpenOffice en TYPO3

20

Lendo mancomun.org:
“TYPO3 é un Xestor de Contidos de código aberto baseado en PHP e constitúe un dos xestores de maior implantación no mercado, pode ser modificado en función das necesidades exactas de cada proxecto, cunha arquitectura flexible e ordenada que non plantexa límites. Entre as referencias máis destacadas de TYPO3 atópanse Daimler-Chrysler, Volkswagen, The New York Times, UNESCO, o proxecto gvSig e numerosas administracións públicas.”…


…”O complemento General Office Displayer para TYPO3 permite importar documentos de OpenOffice Writer e Spreadsheet. Os contidos dos documentos intégranse no esquema do sitio web coma se fosen contidos dunha páxina. Unha vez importados poden ser editados por medio do Editor de Texto Enriquecido igual cos contidos xerados polo propio TYPO3.
TYPO3 conta cun repositorio de extensións (TER, TYPO3 Extension Repository) dende o cal se pode instalar o complemento. Tódolos complementos do TER pódense descargar en formato t3x (formato de arquivo propio de TYPO3) e coa súa correspondente documentación en formato OpenOffice e PDF. Para instalar o General Office Displayer o nome en clave para a procura é rlmp_officeimport, a cal conta cunha actualización con data 10/01/2007.
As funcionalidades que ofrece este complemento son amplas sen embargo son moitas as ideas para futuras versións. A comunidade de TYPO3 está aberta a novas suxestións e colaboracións no desenvolvemento.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios