O PSOE anuncia que a próxima semana se vai abrir un novo tramo de autovía

36

[La Voz de Galicia] O PSOE de As Pontes informou onte de que a Consellería de Política Territorial «prevé abrir ao tráfico a próxima semana o tramo da autovía que une a localidade mineira e Espiñaredo, exceptuando un treito de 900 metros no que os traballos aínda continúan e que se corresponde cun talud inestable que xa provocou retrasos nas obras».


Os socialistas indican que se reuniron con Jacinto Parga, delegado provincial de Política Territorial, para transmitirlle a necesidade de permitir a circulación rodada, posto que, exceptuando eses 900 metros en obras, o resto da estrada está rematada e en disposición de ser utilizada. Segundo o dito polos socialistas, Parga mostrouse favorable e anuncioulles que, en cuestión de días, procederíase á súa apertura. Matizou que «o acto de inauguración, ao que prevé asistir, terá lugar a próxima semana».
Fala Política Territorial
Malia o anunciado polos socialistas, a Consellería de Política Territorial non confirmaba que o citado tramo da autovía fose estar aberto ao público a semana que ven. E tampouco a nova da apertura dese tramo do vial lle fora comunicada ao alcalde, Víctor Guerreiro, quen lembrou que hai dous meses el mesmo enviou á consellería un escrito pedindo que se puidese transitar pola autovía entre Espiñaredo e As Pontes. Un documento que, segundo explicou Guerreiro, «non obtivo contestación».

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios