Os comerciantes reparten hoxe 5.000 euros entre os clientes

21

Hoxe é o gran día do comercio local de As Pontes. Non en van, sortéanse os premios da campaña de Nadal, a chamada Merca Nas Pontes, na que participaron cen establecementos e se repartiron un total de 400.000 rifas entre os clientes do comercio local pontés. Todos eles terán mañá a oportunidade de levar un cuantioso premio.


O sorteo celebrarase ás nove da noite na Casa Dopeso. E os tres premios importantes son os seguintes: un primeiro cun vale de 3.000 euros; un segundo cun cheque de 1.500 euros e un terceiro de 500. Uns cartos que terán que ser gastados nunha soa xornada de compras no comercio detallista pontés. Sen embargo, non soamente hai recompensas para os clientes. O establecemento que reparta a rifa co primeiro premio gañará unha fin de semana nunha casa de turismo rural, o que dea o segundo terá dereito a unha cea para dúas persoas e, aquel que reparta o terceiro vale, levará para a casa unha cesta con alimentos.
Por outra banda, entregarase, a través dun sorteo telefónico, unha cesta de Nadal valorada en 300 euros.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios