A CAPELA DE PONTOIBO NO SÉCULO XVIII

55

Achéganse unhas festas moi significativas, entre outras cousas, polas xélidas datas nas que se celebran: San Vicente de Pontoibo.
En duas ocasións previas publiquei datos sobre esta Capela, e nesta terceira entrega, fágoo para remontarme aínda máis no tempo e recoller datos inéditos que sumar a todo o traballo anterior. Como fundamento para este presente artigo utilicei un libro de contas da Capela de San Vicente de Pontoibo que se inicia en 1741 e remata no 1854, que se atopa no Arquivo Diocesano de Mondoñedo.

pontoibo.jpg


A Capela de San Vicente de Pontoibo aparece entre as visitadas no 1614 polo bispo mindoniense Alfonso Mesía de Tovar, e os documentos máis antigos que se conservan dela son este libro de contas que iniciou o párroco pontés don Pedro Faustino Santhomé Aguiar, sen lugar a dúbidas o crego que maior impronta deixou na vila de As Pontes: con el construiuse a actual capela do Carme, fundou a súa Cofraría, refundou as cofrarías parroquiais, mandou construir a actual Igrexa de As Pontes e o seu campanario…, e entre tantas cousas, tamén a de poñer orde ó Arquivo Parroquial, ós seus libros e ós libros de contas das capelas e dos seus gados respectivos, que arrancan ou presentan mellor xeito a partires da súa presencia na parroquia.
No 1740, o Bispo Fr Antonio Alejandro Sarmiento de Sotomayor, visita a Capela de Pontoibo e ordea facer o libro de contas, tal coma aparece ó seu inicio:
“Libro que se mandó hazer Para la Cofradía Del glorioso San Vicente. En la Visita pasada del año de Mil sietezientos quarta y uno y la primera qta que se tomo del presentes la que se sigue”.
Sendo párroco don Faustino, era maiordomo en 1741 Juan da Cal, e a continuación tendes os que lle seguiron:
1741 Juan do Cal
1742 Jazinto do Castro
1743 Jazinto do Castro
1744 Jazinto do Castro
1745 Jazinto do Castro
1746 Jazinto do Castro
1747 Juan Romero
1748 Remigio do Chao
1749 Remigio do Chao
1750 Remigio do Chao
1751 Andrés do Chao
1752 Bicente do Barro
1753 Bicente do Barro
1754 Diego López
1755 Diego López
1756 Bernardo López
1757 Andrés do Chao
1758 Remigio do Chao
1759 Remigio do Chao
1760 Remigio do Chao
1761 Remigio do Chao
1762 Remigio do Chao
1763 Remigio do Chao
1764 Juan López de Garabatos
1765 Juan López de Garabatos
1766 Melchor Fdez
1767 Melchor Fdez
1768 Melchor Fdez
1769 Gregorio Fdez
1770 Bernardo López
1771 Joseph do Castro
1772 Joseph do Castro
1773 Cristobal del Corral
1774 Cristobal del Corral
1775 Bernardo López
1776 Juan Cebreiro
1777 Juan Cebreiro
1778 Melchor Fdez
1779 Melchor Fdez
1780 Melchor Fdez
1781 Melchor Fdez
1782 Domingo Cavaleiro
1783 Domingo García
1784 Bonifacio Remudo
1785 Antonio do Castro
1786 Fco do Castro
1787 Andrés do Chao
1788 Andrés do Chao
1789 Juan López de Garabatos
1790 Pascua López, vda de Domingo do Pico
1791 Josepha González, biuda de Patricio do Pico
1792 Silbestre da Pena
1793 Silbestre da Pena
1794 Silbestre da Pena
1795 Rosendo García
1796 Juan Cabaleiro
1797 Bizente Romeu
1798 Joseph Bermúdez
1799 Joseph Romeu
1800 Thomas Fdez
1801 Joseph do Barro
1802 Manuel Fdez
1803 Juan do Castro
1804 Gorge López
1805 Jacobo Caruncho
1806 Silbestre da Pena
1807 Silbestre da Pena
1808 Pedro Yanes
1809 Man(l) García
1810 Juan do Barro
1811 Joseph Ramos
1812 Joseph Fontao
1813 Antonio Uceyra
1814 Antonio Uceyra
1815 Man(l) Cebreiro
1816 Rosendo López
1817 Pedro Cabaleiro
1818 Juan Cebreiro
1819 Vizte López
1820 Vizte López
1821 Blas García
1822 Fernando Cebreiro
1823 Cayetano do Barro
1824 Cayetano García
1825 Vicente García
1826 Manuel do Chao
1827 Antonio do Barro
1828 Andrés Cabaleiro
1829 Juan de Castro
1830 José Bermúdez
1831 Juan García
1832 Vicente Yánez
1833 Vicente Yánez
1834 Antonio Uceira
1835 Antº Baamonde
1836 Domingo García
1837 José García
1838 Pascual Vázquez
1839 Juan Cebreiro
1840 Antº Uceira
1841 Pedro Vázquez
1842 Juan do Castro
1843 Pedro Cabaleiro
1844 Vicente Romeu
1845 Manuel Cebreiro
1846 Fco Ribera
1847 Blas García
1848 José Tojeiro
1849 Andrés Baamonde
1850 Antº Baamonde
1851 Vicente Yanes
1852 Domingo Gª
1853 Lucas Álvarez
1854 Domingo García
É curioso que no ano 1766 a capela cítase coma “Capilla de los gloriosos Vicente ferrer y martir”.
No 1747 blanquexouse a capela, e en 1756 tívose que faiar e lastrar. No seu entorno non había cemento nin uralita, senón uns femosos bidueiros que se cortaron no 1757 dando un producto de máis de 33 reais.
A capela era propietaria de abondosos gandos que se puxaban o día da festa, dando lugar á actual poxa. No 1758 os lobos atacaron e deron coma resultado “jovenca matada por los lobos en poder de Fran(co) do Barro do Escudeyro”.
Don Faustino falece no 1760 e ata 1762 en que aparece o novo párroco don Alexandro da Bouza y Maseda (bo debuxante do que se conserva no Arquivo Nacional un debuxo/plano de As Pontes que don Enrique presentara no seu libro), aparece coma responsable en vacante o “theniente cura Fdo Dopico Montenegro”.
Os intercambios comerciais destos gados cegaban ata Viveiro, así no 1766 mércase unha vaca na feira de Galdo. E tamén comerciábase con Vilalba, obviamente, onde no 1804 se mercaron un par de bois na feira, polos que houbo que pagar dous reais de alcabala.
Cando se facía unha obra na parroquia, neste caso a construcción do templo parroquial e do seu retablo, as cofrarías e as capelas aportaban, na medida das súas posibilidades, para a costación da mesma. Pontoibo aportou no 1767, “primeramente dio y se le admitió en data ducientos reales que se mandaron quitar a dha capilla para la obra de la yglesia parochial de decha billa que seesta aziendo”. A obra iniciada por don Salbador Lepina na parroquia, continua despois da súa accidentada morte no 1760. Tamén colaborou Pontoibo con 700 reais para a muralla da Igrexa da vila no 1791.
Tamén Pontoibo colabora nos gastos do pintado do retablo maior de As Pontes, realizado no 1752 polo escultor don Juan Thomás Rodríguez de Santiago, e que estivo case 20 anos sen pintarse, ata que así o fixo no 1771 o pintor Dn Antº Enrique de Prado. Pontoibo colaborou con 600 reais:
“600 reales que entrego a Dn Antº Enrique de Prado pintor del retablo maior de dha parrochia que seaecho entre las Cofradías, y dellos preventores vez, firmado y se le avonan”.
Estívenme a referir anteriormente, por suposto, ó retablo maior da parroquia, porque o de Pontoibo realízase no 1788 por “495 rrs von al maestro que hizo el retablo para la espresada capilla; mas 20 por fixarlo y asentarlo”.
O retablo anterior (o vello) reutilizouse en 1805 en que un carpinteiro cobrou 12 reais por compoñelo de novo.
Naquel tempo traballaba unha familia de carpinteiros na zona, que eran os Cebreiro, e un deles, Vicente Cebreiro, cobrará 35 rs no 1789 por realizar unhas andas novas para o santo.
No 1792 foi necesario cubrir de novo o tellado e blanquexar no 1795.
No libro danse tamén datos de sucesos accidentados e luctuosos sofridos por algún dos encargados dos gados, coma foi o caso de Antonio ferro do Couce da Cabana, encargado dun boi libre, que tivo un desgraciado accidente nunha serra.
A principios do século XIX comeza “a moda das lámpadas” e mércanse lámpadas para a parroquia, coma a de prata roubada no 1829, obra do afamado prateiro lucense Liz de Orbazay, á que adiquei un artigo anteriormente. A Capela de Pontoibo aporta dende os seus fondos 80 reais para “aiuda a Lampara Iglesia de la Parroquia”, no ano 1805, e 70 reais para “aiuda comprar campana de la yglesia” no 1807.
En 1805 páganse 840 reais a un pintor que decora o Altar frontal e os santos da capela de Pontoibo.
En 1809 os franceses movíanse polas nosas terras, saqueando Igrexas, coma Roupar, e gados das xentes, das cofrarías e capelas, coma aconteceu no caso de Gondré. En Pontoibo os franceses roubaron o cáliz e non se mercará outro ata 1813 temendo un novo saqueo. Nas anotacións do libro de contas da capela dícese en 1809:
“El caliz qe tenia esta Capilla, lo llebaron los Franceses, qdo saquearon esta Tierra; y pr ahora no tubieron los peritos por Comben(te), comprar otro”.
E nas anotacións de 1813:
“Caliz Nuevo en aten(on) de haver hurtado los enemigos el qe antes tenía 340 rs”.
A época dos franceses e ata os anos vinte correspóndese coa do párroco don Felipe Neira, crego dado tamén ás obras e á merca de ornamentos, polo que non só se repón o cáliz senón que tamén se paga a un mestre canteiro chamado Alexo Carballo en 1818 a cantidade de 112 reais por dar o branco á Capela, facer o Altar e “mas reparos”. A pedra para esa mesa de Altar tróuxoa Pedro Yanes, carreteiro ó que se lle pagará 4 reais polo traslado. Temos que lembrar que a Misa facíase de espaldas, polo tanto os restos dela estarían baixo o retablo actual. Mércanse ademais en 1814 unhas andas por 48 reais e unha nova porta para a Capela por 65 reais en 1822, vendéndose a vella en 16 reais.
En canto á imaxinería da capela, xa realicei un traballo sobre ela no primeiro dos artigos que no seu día publicou en AMIGUS o bo amigo jmpello (http://www.amigus.org/web/archives/001213.php) o repintado das imaxes en 1805 fai referencia a aquelas que foron datadas no XVIII, pero cónstanos que no 1851 mércase por 13 reais unha “imagen pª la capilla”. Polo coste parece que tén que ser pequena, e pouco máis podemos saber posto que non se especifica a cal se refire.
En 1814 aparece o pago a dous estudantes por teren cantado a Misa. Por esas datas aparecen noutras capelas, e na mesma parroquia, pagos similares a estudantes e incluso a un mestre por desempeñar esta tarefa.
No 1817 aparecen 6 reais para a paga “del diputado”, dato curioso que habería que investigar o sentido concreto. ¿Había algún diputado local ou era un imposto da época?
No 1854 aparecen os típicos 8 reais que se pagaban ó músico que tocaba o día da festividade.
Ó final do libro de contas de Pontoibo consérvase un reconto de gando da capela no século XVIII que amosa nomes, cantidades i especies propiedade da Capela naquel tempo.
No 1858 comeza outra libreta de contas da Capela de Pontoibo, da que falei no artigo seguinte:
http://www.amigus.org/web/archives/005482.php
Por medio de esa segunda libreta coñecíamos que a actual capela é unha reconstrucción sobre a antiga, que se levantara gracias ó esforzo dos veciños no 1911, e que o dato máis antigo dunha poxa para costear fondos da festa provén do ano 1882, que non só se celebraba a san Vicente senón tamén á Virxe da Asunción, ou que a espadana e o esquilón son de 1879.
Hai xa tres anos, os veciños de Pontoibo inauguraban un novo cruceiro de pedra nas inmediacións da capela, ó que tamén se lle adicou unha reportaxe especial:
http://www.amigus.org/web/archives/001025.php
A finais deste mes de Xaneiro Pontoibo voltará a xuntarse para vivir a tradicional poxa. Máis de catrocentos anos dunha tradición en torno a San Vicente que seguirá a reunir ós seus veciños para vivir en festa. Que sexan moi boas para todos eles.

cartel.jpg

Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios