José Varela González e a República En As Pontes

225

O pasado 19 de Xaneiro presentábase en Ferrol o volume 22 do Anuario de Estudos Histórico-Teolóxicos da Diócese de Mondoñedo-Ferrol. Entre os artígos deste número atópase un completo artigo sobre José Varela, feito coas palabras da tenrura do seu descendente José Castro Varela.
Neste artigo quixen facer unha especial reseña desta importante aportación á historia local, presentándovos un resumo do mesmo, e convidándovos a ler o orixinal do propio autor na obra que vén de ser publicada.


PORTADA DE ESTUDOS MINDONIENSES

estudios.JPG


Na primavera de 1904 José Varela González tiña vintesete anos e chegaba a As Pontes para exercer de médico. Naquel tempo o outro médico na vila era José Yllade Cao, que exercía de médico ó tempo que rexentaba “una especie de botiquín que hacía las veces de farmacia”. Fora unha comisión de veciños da vila encabezada por Manuel Fernández Vidal (“Manolo de Carmen”, avogado, xuiz de paz de As Pontes que iniciou a festa da Fraga, encargado da administración tabaquera na vila), os que presentándose na súa consulta na rúa San Carlos 22 de Ferrol, lle propuxeron que se trasladara a As Pontes.
Ó principio resistiuse alegando que As Pontes carecía aínda dunha farmacia en condicións. Xusto nese mesmo ano (maio) de 1904 asentábase en As Pontes o seu amigo Marcial Lens (director do coro parroquial), casado con Caridad Dávila, farmacéutico que abriría a necesaria farmacia.
En 1906 coñece a Carlota Varela Hyde coa que contrae matrimonio en Ferrol o 5 de Xaneiro de 1910, na parroquia do Carme. En As Pontes intálanse no número 16 da Avenida de Galicia, onde terá a consulta e o domicilio ata febreiro de 1930, moi preto da farmacia de Marcial Lens.
El 1912 falece “Manolo do Carme”, polo que se solicita para José Varela o nomeamento de Administrador Subalterno de Tabacos na vila, que, segundo o autor, podería estar xa rexentando a primeiros do ano seguinte.
O autor cóntanos dunha carta do que logo foi coadxutor de As Pontes durante a guerra civil, don Fernando Prieto Rouco, na que lle pedía axuda porque sendo seminarista non desexaba ser crego. Don Fernando nacera o catro de agosto de 1888 en As Pontes. Ordenouse o 14 de Xuño de 1919 en Mondoñedo e faleceu o 13 de Novembro de 1944, sendo presbítero diocesano.
O 9 de Novembro de 1913 José Varela saía elexido concellal. Eran representantes do partido Independente Marcial Lens, José Varela e Alfonso Yllade (un farmacéutico e dous médicos), o resto pertencía ó partido Liberal-democrático. Alfonso Yllade, en 1929 terá marchado para Coruña, farto das loitas políticas. E Marcial Lens foi finalmente inhabilitado temporalmente para o cargo de secretario do Concello. A Varela, xa en plena Guerra Civil cargóuselle cun expediente de destitución, “de carácter eminentemente político, con el fin de apartarle del puesto de médico municipal y de alejarle de allí…”.
Os datos sumados dos escrutinios de 1913 que nos amosa o autor son os que seguen:
Varela González, José – Independiente – 188 votos
Yllade Rilo, Alfonso – Independiente – 180 votos
Rivera Chao, Ramón – Liberal-democrático – 124 votos
Corral Pico, Andrés F – Liberal-democrático – 120 votos
Bermúdez Fernández, Manuel – Liberal democrático – 105 votos
Era párroco neses anos don Antonio Ángel del Riego, de quen fixen referencia en moitos artigos pola súa aficción a erexir Vía Crucis en tódalas capelas da vila. Falece a madrugada do 26 de septembro de 1917, despois de case corenta anos coma párroco, na revista vilalbesa “Galicia Pintoresca”, Marcial Lens chora a morte deste crego tío de Carmen del Riego, esposa do futuro alcalde da vila, José María Soto.
O autor fai un resumo de datos curiosísimos que nesas datas foi publicando na sección adicada a As Pontes esa revista vilalbesa “Galicia Pintoresca”.
Cara a 1924, ano en que falecía en As Pontes o xuiz municipal, Ramón Rivera Chao, José Varela estaba ó mando da institución paramilitar do “somatén armado”.
En Xuño de 1924 José Varela é nombrado médico titular da vila, cobrando dúas pesetas anuais. Nese nombramento o seu inimigo era José García Iglesias, do que José Varela dirá anos máis tarde:
“¿No os acordáis cuando me nombraron médico municipal? El principal cacique de Puentes visitó a todos los concejales, amenazando a unos y tratando de sobornar a otros con 50 y 100 pesos, para que no me votasen, y sin embargo vencí. ¿Por qué? Porque eran hombres enérgicos, resueltos, íntegros y no quisieron más que votar según los dictados de su conciencia. Dígalo, si no, la señora viuda de mi malogrado amigo don Manuel Bermúdez Alfonso”.
Trece anos máis tarde iniciouse un expediente coa finalidade de despoxar a José Varela deste cargo municipal. Durante tempo, o noso médico traballará a disgusto por incomodidades ocasionadas por outro médico da vila, Pimentel. Que co tempo, será un dos causantes indirectos das acusacións que se formularán dende o concello contra Varela.
En 1930 a “Caja de Ahorros y Monte de Piedad” o nomea vocal da súa delegación en As Pontes, xunto co delegado Francisco Penabad. Nesas datas José Varela se traslada coa súa familia á casa número 32 da Estrada Xeral, onde residirán e terán o estanco de xeito provisional durante cinco anos (casa de Rosendo Formoso). Tamén nese ano sae elixido presidente da Xunta de Sanidade do distrito de Ortigueira.
talonario.JPG

En Novembro de 1930 celebrouse na Vilavella (400 persoas) e en As Pontes (3000 persoas na Praza do Hospital) mítines de Leandro Pita Romero (natural de Ortigueira), coma representante do partido agrario independente, que logo sería ministro da República. A presentación do político fíxoa José Varela. Un gran mitin, que provocará un forte impacto e que se deixará sentir fortemente, e que será recollido polos diarios da época, coma sempre, reflexando uns datos ou outros, segundo a cor política. O autor vainos contando coma foi recollido este gran mitin na prensa da época.
FOTO DE LEANDRO PITA ROMERO

leandro.jpg


O Concello estaba no número 36 da Avda de Ortigueira, frente ó Grupo Escolar… O autor vai situando as casas e lugares onde foron fervendo as tertulias, as reboticas, as trastendas onde se xuntaban e se xestaron as ideas encontradas que estouparían na peor das guerras que poden existir, a de irmáns e veciños.
A primeira bandeira republicana sería izada na praza do Hospital, nun balcón dun piso sobre a farmacia de Yllade. O autor vai contando coma o inimigo de José Varela, Pimentel, acabaría instalándose nese piso onde fora izada esa bandeira. Fálasenos tamén de don Casto López Cabarcos, fillo de “dona Rita”. Solía viaxar a Cuba asiduamente, e coma republicano convencido, ó comezar a guerra, marchou e non regresou máis.
O sacerdote do Corazón de María (Marino San Miguel Larrayoz) que na Semana Santa do ano 31 viñera a predicar, era moi amigo de Casto, e correuse a nova de que estivera no izado da polémica bandeira.
Cóntasenos tamén coma ó proclamarse a República o garda civil “Travieso” destinado en As Pontes, fora correndo á casa de José Varela (nº 32 da Estrada Xeral, novo emprazamento da residencia i estanco dende principios de 1935), a darlle a nova.
As Pontes facíase atractiva para a xente xove, que observaba a vila coma un lugar moderno e de renovación ideolóxica. De tal xeito que os Exploradores de Ferrol acamparán en As Pontes entre Xullo e Agosto do 32. Desfrutaron do río Eume, visitaron as minas de carbón, a illa, as boliqueiras. Agradeceron as especiais atencións do Alcalde José Vilaboy e do secretario do Concello, Marcial Lens.
Nese ano, 1932, rematábase o edificio do Nistal, e o autor di que o seu dono e os clientes habituais, interviron na destitución de José Varela coma médico municipal.
No 1935 o Concello arrastraba moitas débedas con José Varela, práctica de endeudamento e morosidade dos concellos, que acontecía en moitos outros naquel preciso momento.
En febreiro de 1936 celébrase en As Pontes o mitin de Suárez Picallo. José Varela acudirá a ese mitín, e será especialmente vixilado e investigado neses momentos, xunto a Lens e a Vilaboy.
FOTO DE SUÁREZ PICALLO

ramon_suarez_picallo.jpg


O 16 de febreiro de 1936 foi o domingo no que se fixeron as eleccións. José Varela foi a votar ó colexio, pero pediu á sua dona, á súa filla, á servinta e á dependenta do estanco, que non foran a votar. Neses momentos tamén será especialmente observado e vixiado.
O 26 de Xuño de 1936, José Durán Juega, que sería o novo secretario do Concello, membro do “Frente Popular”, tramita o expediente de destitución de Marcial Lens coma secretario municipal.
O 20 de Xullo de 1936 o Alcalde do Frente Popular chama a Francisco Adalid Campos (Xibraltareño), teniente de Artillería, que logo sería alcalde da vila, para xuntar as armas e custodialas na Casa do Concello coma delegado do orde público e comandante militar de As Pontes. Encargado tamén de perseguir ós escapados. Adalid recaudará fondos para o exército na vila o 2 de agosto. Varela será tomado para formar parte da comisión de recaudación, sentirase vexado, e pasará unha situación de persecución que o autor nos narra en propias palabras do médico, i entregará 50 pts para esta costación que sería entregada en Ferrol por unha comisión formada por Adalid. Deuse dous quilos y cincuenta gramos de ouro e quilo trescentos cincuenta de prata.
O goberno civil nombra nestas datas os comités locais para a defensa pasiva contra os ataques aéreos, do que formará parte José Sierra, José Varela e Fernando Fernández Freire.
Unha inspección leva á destitución dos membros da alcaldía daquel intre. Francisco Adalid convírtese na figura influinte na vila, acampando anchamente, abusando dos comercios locais e dos bens dos veciños, que requisa e utiliza en beneficio propio. Eso mesmo pretendeu facer cos dous caixóns de tabaco da estanquería de José Varela, pero a dependenta cóbrallos. O novo alcalde, Fernández Freire, pediralle a José Varela factura, e Varela faralla cegar, o que vai servir, entre outras cousas, para a denuncia contra Varela, dado que esos caixóns foron utilizados para embalar roupas recollidas na vila para o Exército.
Seguía en curso o expediente contra Lens para inhabilitalo coma secretario do Concello, e en La Voz de Galicia publicábase o domingo 7 de febreiro: “… y como se ignora el domicilio y actual paradero del señor Lens Pita, habiéndose además ausentado toda su familia de este término, por medio de la presente nota se le cita para que en el indicado plazo comparezca en la secretaría de este ayuntamiento para examinar el expediente”.
O autor, José Castro Varela, explica a razón de ter escapado a familia Lens:
“… pues bien notorias eran a los ojos del vecindario las simpatías políticas de Marcial Lens hacia las ideologías de izquierdas, lo que en aquellos momentos de la guerra civil representaba un serio riesgo para los que vivían a este lado del frente, como lo era –según era bien sabido de todos- cualquier reputación ideológica si uno se encontraba en la zona equivocada. Marcial Lens y su familia eran conscientes del peligro que corrían quedándose en As Pontes, pues, sin duda, era el objetivo anunciado de futuras represalias organizadas por grupos de “incontrolados”, o, en momentos de confusión como aquellos, víctimas ejemplares para servir de aviso a los menos entusiastas. En el caso de Marcial su recelo estaba más que justificado, a la vista de las acciones sangrientas que se venían protagonizando impunemente por la comarca
Que ésta era la pura realidad lo prueba el hecho de que el hijo de José Varela, Pepe, ya médico, destinado en el frente de Asturias, cuando venía a As Pontes de permiso para ver a sus padres, solía ir a dormir a casa de los Lens para servirles de protección en el caso probable de que llegaran a recibir alguna visita nocturna muy desagradable”.
O 4 de febreiro de 1937, o alcalde Fernández Freire denunciaba a Varela ante o gobernador civil da provincia pola súa falla de patriotismo.
O 3 de Marzo do ano 1937 os veciños de As Pontes estaban descontentos coas cantidades que se lles asignaran para a costación do frente, e José Varela será o seu portavoz para expoñer as súas obxeccións, entre as que estaban a reclamación de que os párrocos aportasen o que lles tocaba. Na súa nota fala en positivo de Río Seijo i en negativo do seu coadxutor (Prieto Rouco). En moitas ocasións, o autor manifesta os lazos de amistade e de respeto mutuo con varios dos cregos do entorno, coma con Sequeiro Legaspi (Piñeiro), etc.
Ó rematar de ler as súas obxeccións, José Varela tivo que sair da sá, polas increpacións que lle dirixiron Jesús Cabarcos e Julio Yllade.
Estas cuartillas de obxeccións serían o detonante que levaría a Varela ó seu expediente de destitución. Acusándoselle de que aquel escrito fixera que a recadación para a causa fora pequena.
A débeda do Concello para con Varela sigue medrando ata as nove mil pesetas. Varela non está ben visto polo poder nacente, pero intenta non “gañar méritos”, para “poder demostrar con hechos, si llegara la ocasión, una conducta intachable y grata a los ojos del poder naciente”.
Dacordo co previsto, o 15 de maio chegaba a As Pontes “un batallón do reximento de Mérida ó mando do comandante Díaz Manday. Ós poucos días, este mesmo comandante manifestaría que, polo que tiña visto, aquel Concello de As Pontes era “rojo”. O 24 de Xuño presentábase en As Pontes un segundo batallón deste reximento”. (Estos reximentos de acampados aparecen en moitas fotos da época, tal e coma aparecía nun artigo que fixen previamente e que podedes visitar en: http://www.amigus.org/web/archives/005334.php
O 30 de Xuño de 1937 ábrese ese expediente de destitución a José Varela. Segundo o gobernador civil non debían continuar exercendo os seus cargos os funcionarios que tiveran pertencido ós partidos do chamado “Frente Popular”, situación que lle achacaban algúns veciños ó noso médico.
A continuación, aparecen moi pormenizadamente tódalas comparecencias, argumentos, defensas, acusacións… que nunca tiñan unha base o suficientemente sólidas.
En decembro de 1937, entre todos os problemas de todo o xuizo, o médico resíntese na súa enfermidade e di:
“lo peor de todo es mi salud, pues nunca la tuve tan quebrantada, tengo siempre un frío horrible, no sé que tomar de alimentos, pues tanto me sabe el agua como la leche, huevos pasados, etc. …”
Nos primeiros días de 1938 anúlanse as dilixencias levadas a cabo co expediente contra José Varela.
José Varela regresa a Ferrol, a un piso frente á casa de Amboage, para morrer o domingo 16 de Xaneiro de 1938, ás sete da tarde cando aínda non cumprira os 61 anos. Morría dun cancro. Moitos veciños dixeron sempre que o mataron a disgustos. Foi soterrado o día 17 no camposanto de Ferrol.
Pouco antes de morrer chegou a coñecer que o goberno civil da provincia fallara no seu favor, confirmándolle no posto de médico municipal. A nova publicouse nos diarios, e o goberno impuxo fortes multas ós seus acusadores.
Dinos tamén o autor que:
“tras la muerte de Varela, ya resuelto a su favor el expediente de destitución que le formularan, todo el pueblo de As Pontes se volcó en ayuda de la familia, incluidos notorios enemigos de hacía pocos días como Felipe Pimentel y Durán Juega. La situación de la familia era ciertamente precaria, quedando como quedaba su viuda, en plena guerra, al cargo de siete hijos, algunos aún muy jóvenes, que, con excepción de Pepe, ya médico, permanecían todavía en casa. En noviembre de este año, su hija Carlota se casaría en la Iglesia parroquial de As Pontes. Pero Varela no dejará un patrimonio tranquilizador para los suyos, ni propiedades ni un capital confortable, cosa bien extraña en un pueblo de fortunas muy notables.
Las rencillas de muchos años terminaron de repente. Los enconos inveterados desaparecieron. La animosidad entre los Varelas e Yllades se esfumó como por encanto. Los hijos de José Varela, especialmente más jóvenes, establecieron relaciones de amistad con los de Julio Yllade que duraron toda la vida…”
O autor do artigo “reflejos de historia desde las puentes del río Eume”, construe un fermosísimo relato, impresionantemente contado, co estilo dun grande mestre literario. Emocionando ó lector ó tempo que facéndolle revivir toda a historia.
Cóntanos finalmente coma mira el e a súa familia todo o acontencido, o mesmo ca propia vila de As Pontes.
Jesús Cabarcos Cal morrería en As Pontes o 27 de Nadal de 1947, Marcial Lens en setembro de 1951. Julio Yllade, en outono de 1955, e Felipe Pimentel no Barqueiro cara a mediados dos cincuenta.
Creo que ninguén en As Pontes debera quedar sin ler esta impresionante historia, contada con palabras irrepetibles. E sigo a pensar que esta obra é unha referencia para outros que conten a historia a continuación, entre eles Arturo Lens, que ás veces comenta algún dos artigos, e do que agardamos unha obra tan interesante coma necesaria neste momento.
Dende a miña humilde aportación á historia local quero agradecer ó autor este traballo que realiza no número 22 de Estudios Mindonienses, e que xa leín hai moito tempo, pero que non quixen presentar ata agora, respetando a súa presentación pública que se fixo o pasado venres. Pedirlle excusas polos erros que albergue este resumo, que só pretende achegar e animar ós lectores a figura de José Varela, ó tempo que os motive para ler o artigo de Estudios Mindonienses.
Dende o número 1 de Estudios Mindonienses, en que don Enrique Rivera Rouco publicou acerca da Peña de Francia, non se tiña publicado nada específico sobre As Pontes neste anuario da diócese de Mondoñedo. O presente artigo vén a cubrir ese baleiro e a achegar á nosa vila á súa propia historia. O que é moi de agradecer.
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios