Encrucillada da civilización megalítica

44

Por: Carlos Fornos de Luis, Festas do Carmen, ano 1988
A cultura dos constructores de megalitos desenrólase en Galicia nunha época que abrangue un longo período que se acostuma a situar entre o Neolítico final ou Eneolítico e os comezos da Idade do Bronce. É nunha cultura pouco documentada aínda, mantendo por elo grandes dúbidas en canto a súa procedencia e o seu significado.
Admítese xeralmente o seu desenrolo entre mediados do IV milenio e os comezos do II milenio a.c., e tamén se acostuma admitir a súa procedencia portuguesa no que a Galicia se retire, sendo a súa expresión mis xenuína os enterramentos en túmulos con ou sen dolmen, que aquí se coñecen co nome de “medoñas” ou “mámoas”, e a cotío están relacionadas coas lendas de “mouros” que tanta pegada deixaron na nosa toponimia.


mamoa.jpg

A fase inicial desta cultura caracterízase pola presencia de túmulos con cámara interior de lousas,de forma poligonal irregular , sen corredor de entrada. Os achádegos desta fase a miúdo consisten en microlitos ou pedras pequenas de rocas duras e forma trapezoidal que ou ben usábanse como puntas de frecha, ou ben esmagadas nun útil de madeira formando unha ferramenta mais complexa (¿fouce?). Nunha fase mais adiantada aparecen cámaras dolménicas con corredor e puntas de frecha romboidais, e xa nos comezos da metalurxia presentan enxovais mais variados tales como cerámicas, mazas e pequenos adornos, algúns metálicos. Tamén aparecen a miúdo túmulos con unha soa lousa chantada, e mesmo soamente formados por terra limpa sen ningunha construcción interior.
Os pobos desta cultura vivían en pequenas comunidades situadas non moi aloxadas unas doutras, poboando zonas con certa aptitude para o cultivo de cereais, que probablemente cultivaban polo sistema da “roza”, (feito que podemos supoñer nesta zona por ser os breixos os férreos predominantes, en ser a roza un sistema tradicionalmente adoitado polos campesiños ate case os nosos días) utilizando a corta e queima do monte como preparación de terreos agrícolas, deixándoos recuperar despois da colleita e abrindo outros novos. Esta forma de traballo comunitario e familiar conlevaría a existencia dunha sociedade igualitaria e fundamentalmente pacífica, sen unha extractificación ríxida. Pouco se sabe da súa forma de poboamento ó non haber achádegos ó respecto,supoñendo que formaban pequenas aldeas estables, sen descartar traslados na procura de novas terras, unha vez esgotado ou diminuído o potencial agrícola das colindantes.
Na zona do Alto Eume temos unha das mais interesantes series de necrópoles megalíticas de Galicia, ocupando a cubeta terciaria de As Pontes e as ladeiras dos montes que a rodean. A comarca foi cumpridamente estudiada e catalogada polo ortegano Federico Maciñeira (1870-1943) nos albores do século. Os seus estudos tiveron unha grande sona na época e son aínda referencia obrigada para calquera investigación referente a dita cultura. Ademais de estudios importantes sobre os circos líticos (¿cromlech?) da Mourela (hoxe en día desaparecidos) ou os vasos campaniformes da Vilabella, desenrolou unha importante teoría relacionando a ubicación dos túmulos coa existencia dos camiños chamados reais. Segundo Maciñeira, as medoñas poderían ser puntos de referencia para marcar ditos camiños, pois dado o trazado dos mesmos, as medoñas son visibles a grande distancia. Isto supoñería a existencia de vías de intercambio. Para fundamentar esta teoría, aínda non refugada hoxe, basouse no estudio dos antigos camiños de As Pontes a Bares pola serra da Faladoira, de As Pontes a Vilalba e Guitiriz (carreteira a Momán), e de As Pontes a A Barqueira.O seu labor de catalogación foi tan completo, que aínda hoxe se emprega a numeración que el adoptóu para a desinalización dos túmulos da zona.
Como consecuencia da explotación mineira, foron destruídas unha boa parte das medoñas existentes. A pesares délo o número das que subsisten na zona afectada pola mina é tan importante como para plantexarse unha labor de rescate e estudio serio antes de que se vexan afectadas polo desenrolo da explotación mineira.
Dolmen
dolmen.jpg

Para este fin, estableceuse un convenio entre ENDESA ea Dirección Xeral do Patrimonio Histórico-Artístico da Xunta de Galicia, en base o que ven funcionando o “Grupo Arqueolóxico Federico Macíñeira”, que baixo a dirección de un arqueólogo, foi encargado de desenrolar e pre sentar o proxecto de actuación arqueolóxica para a súa aprobación polo citado organismo autonómico.
O fin, so quereremos facer unha chamada a todos, empresarios e particulares no senso de evitar a destrucción total ou parcial destes testigos do noso pasado, pois destruiríase a zona megalítica quizais mais relevante de Galicia, a costa duns presuntos achádegos sen valor material algún, pero de incalculable importancia para o estudio da nosa prehistoria.
GRUPO ARQUEOLOXICO FEDERICO MACIÑEIRA
Nota:
Integran o “G.A.F. Madñeira”:
Arqueólogo: Xosé A, Pombo.
Equipo Técnico: Mario Alonso, Manuel Ares, Ana Casáis, Carlos Fornos, José F. Ibáñez, Cándido Rico, Enrique R. Deus, M. Soledad Souto.
Cortesía de Guillermo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios