Versión oficial de SUN do OpenOffice.org en galego

20

Lendo mancomun.org:
“SUN Microsystems acaba de incluír na súa base de datos a tradución realizada por Mancomun.org e os voluntarios do Entrans. Para que esta versión sexa recoñecida por SUN como estable, temos que probar e validar as versións candidatas e betas que se vaian distribuír para detectar posibles erros antes das versións finais. Isto abrirá a posibilidade de que o OpenOffice.org estea dispoñible na nosa lingua para todos os sistemas operativos de xeito oficial a través da web de SUN.”…


…”A seguinte versión de OpenOffice.org será a 2.2 e SUN xa compilou unha versión en galego para GNU/Linux coa tradución de Mancomun.org e os voluntarios (están pendentes de colgar a versión para Windows e Mac OS X). Agora queda testear e detectar erros. Para iso poñemos á vosa disposición a ligazón para a primeira versión (recordade que é unha versión de probas e que pode dar algún que outro problema) para que nos axudedes a revisala e mandar as correccións a SUN.
Unha vez dado o visto bo a estas versións de proba, a propia SUN Microsystems compilará e distribuirá esta tradución para as distintas plataformas (Windows, GNU/Linux e Mac OS X).
A ligazón para esta versión é a seguinte:
OpenOffice.org 2.2 versión para corrección de erros
Por favor, necesitamos que informedes de tódolos erros que encontredes nestas versións para poder corrixilos e envialos a SUN.
Mandádenos os erros á seguinte dirección de correo: mancomun@mancomun.org poñendo no asunto: [Erros OpenOffice.org]”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios