KOffice 2.0 será unha aplicación nativa para Windows e Mac OSX

33

Lendo mancomun.org:
“O conxunto de aplicacións ofimáticas KOffice na súa versión 2.0 estará dispoñible como aplicación nativa en Microsoft Windows e Mac OSX. Será unha das novidades de KDE 4 que está a punto de ver a luz. Outra das novidades máis interesantes de KOffice é a posibilidade de contar cun corrector ortográfico e gramatical que se desenvolverá a través do proxecto Sonnet. O proxecto Kross, pola súa banda, traballará no soporte para script de aplicacións. Cabe destacar que KOffice, ao igual que OpenOffice, traballa co formato OpenDocument.”…


…”Entrementres o pasado día 27 de xaneiro saíu a versión 3.4 de KDEDevelop, a contorna de programación de KDE, que detectou e solventou máis de 500 erros da versión anterior e inclué melloras en Qt4, C++, Ruby e PHP.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios