O repositorio de SL da Xunta de Andalucia o mellor proxecto tecnolóxico

50

Lendo agnix.org:
“O proxecto da Consellería de Innovación, Ciencia e Empresa, denominado Repositorio de Software Libre resultou elixido como Mellor proxecto tecnolóxico no Sector Público 2006 pola Asociación Española de Usuarios de Telecomunicacións e Sociedade da Información.
Os Premios AUTELSI, que recoñecen os proxectos tecnolóxicos que máis contribúan ao desenvolvemento da Sociedade da Información en España, son seleccionados democráticamente polos membros da asociación, de ámbito nacional e sen ánimo de lucro, que promove o estudo, a investigación e a difusión obxectiva de coñecementos no ámbito das telecomunicacións.”…


…”O Repositorio conta actualmente 240 ferramentas informáticas para a súa descarga, entre as que se atopan algunhas aplicacións empregadas actualmente na Administración, como son DIRAYA (Rexistro da historia clínica dos cidadáns), SENECA-PASEN (Sistema de Información que gestiona toda a información académica e administrativa dos centros educativos andaluces), ou SIRhUS (Sistema de Recursos Humanos da Xunta de Andalucía). Tamén se pode acceder a aplicacións de última xeración, como ENEBRO (visor e editor cartográfico para PDA), ou AMATEL (software de Xestión de Imaxes de Satélite). Dado o carácter administrativo da maioría destas aplicacións, abriuse a súa dispoñibilidade unicamente a outras institucións públicas, que han de pedir unha aprobación explícita para a súa descarga. No entanto, ao redor de 60 aplicacións están dispoñibles para a súa descarga pública sen ningún tipo de restrición.
Actualmente, o Repositorio recibe máis de 3.000 visitas ao mes procedentes de numerosos países de todo o mundo, entre os que destacan os de fala hispana e os asiáticos, como Corea, Chinesa e Xapón. O total de descargas contabilizadas foron algo máis de 15.000, aproximadamente unhas 1.690 descargas mensuales.
Actualmente o Repositorio ten implementado un mecanismo que alimenta automaticamente unha plataforma de aplicacións a nivel nacional, creada polo Grupo de Traballo de Reutilización do Ministerio de Administracións Públicas, e destinada á reutilización de aplicacións entre as administracións públicas do noso país. Este repositorio nacional, cun uso máis restrinxido, está tomando como referencia para a súa evolución o traballo desenvolvido pola Consellería de Innovación, Ciencia e Empresa no Repositorio de Software Libre da Xunta de Andalucía.”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios