Os plans urbanísticos dos concellos poderán ser consultados na Rede

19

Lendo codigocero.com:
“A administración electrónica vai dando bandazos en España e Galiza, e moitas veces perante a indiferenza de moitos de nós, os cidadáns, que seguimos coa teima de pensar que facelo todo a man (os trámites, neste caso) é máis seguro ca un proceso en liña. No senso de cambiar na medida do posible a situación, o Ministerio de Industria vén de asinar un acordo coa Federación Española de Municipios e Provincias (a FEMP) para (entre outras cousas) convencernos de que as comunicacións coas administracións locais na Rede son útiles. Isto pretenden conseguilo os asinantes a través da posta en marcha do Programa de Impulso da introdución das TIC na xestión urbanística municipal, proxecto que fará posible o acceso directo a través de Internet ós plans urbanísticos dos concellos.”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios