Publicado o IV informe sobre políticas e iniciativas do Software Libre

31

Lendo mancomun.org:
“Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais, correspondente ao período novembro-xaneiro, feito pola Universidade da Coruña. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación do Software Libre no ámbito das políticas estatais e internacionais publicado en maio e ao segundo correspondente ao período maio-xullo e ao terceiro que analiza os meses de agosto a outubro.”…


…”O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a evolución das políticas das administracións, tanto estatais como europeas, dos meses de novembro, decembro do 2006 e xaneiro do ano 2007 no referente a iniciativas de Software Libre, tendo en conta os anuncios emitidos polas mesmas administracións públicas ou por outras organizacións de índole non gobernamental pero cun forte matiz político e relevante dentro da comunidade do Software Libre. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios