FALANDO DE FEÍSMO.

102

Por Ingmar.
Moi interesante o concurso fotográfico de Choiva Azeda, e moi boas as fotos en xeral.
Ollando na Voz as fotos gañadoras e finalistas, chamoume especialmente a da Capela do Carme ¿por qué? primeiro porque entre todos os ángulos dende os que se podería tomar esa foto, a capela sobre un fondo urbanizado, a autora escolleu precisamente o edificio máis fermoso. E segundo porque, con tódolos respetos para o xurado había fotos a moreas máis merecedoras do lugar desta, e máis representativas do feísmo galaico.


Vexamos outras posibles fotos no mesmo lugar:

feismo1.jpg
feismo2.jpg

Pero especialmente curioso resulta que un ollo sensible para as cuestións estéticas da arquitectura e do urbanismo non vira a escasos metros da Capela do Carme toda unha xoia do feísmo:
feismo3.jpg
feismo4.jpg
feismo5.jpg

Pois ben, esta xoia está na entrada á Rúa Capela, onde todos sabedes que hay un supermercado que ten a porta de carga e descarga hacia esa rúa.
Os camións do DIA cando traen material, teñen que facer complicadas maniobras marcha atrais no cruce entre as rúas Viveiro, Capela e Coireiro.
Toda a vida recordo prohibida a circulación a camións por esta rúa, de feito podedes ver a señal de prohibición nunha das fotos que curiosamente un día apareceu pintada, anque se pode apreciar o relevo da figura.
En maio de 2000, (xa choveu) presentaronse máis de 500 firmas no Concello solicitando dotar de beirarruas esta entrada á rúa Capela, xa que a gran cantidade de peatons que por ahí pasan diariamente teñen que camiñar polo asfalto nunha zona estreita, cos conseguintes riscos.
Daquela non saíu ningunha nova ó respecto na TV nin na radio local. Vese que no Concello ten máis relevancia unha xuntanza de 50 veciños para unha sardiñada, que asuntos “vanais” destes para reclamar cousas de interés público.
Van 7 anos, e a cousa segue igual.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios