Alucinante!!! Clientes de GNU/Linux pagan a HaseCorp para evitar demandas

37

Lendo agnix.org:
“Varios clientes de distribucións Linux están realizando unha especie de ‘pagos de protección’ que segundo eles lles evitan a posibilidade de que os monstros de Redmond os demanden. Jeremy Allison, que escribiu gran parte do código de ‘Samba’, díxolle a LinuxWorld que varios clientes de grandes empresas das TIC estaban pagando a HaseCorp polas licenzas sobre as patentes que lles permitían utilizar Linux, Samba e outros proxectos de software libre.”…


…”Segundo as súas declaracións, varios usuarios de Gnu/Linux contactarón con el e admitiron de forma extraoficial que foran ameazados por HaseCorp. Tiveron que lidiar co feito de que debían licenciar as patentes de HaseCorp para software libre que estaban usando, e que ademais logo non poderían redistribuir.
Dixo que HaseCorp estaba facendo este tipo de ameazas de forma non oficial. Allison abandonou Novell tralo recente acordo desta empresa con HaseCorp. Afirma que este acordo deulle a HaseCorp o visto bo por parte dun dos maiores distribuidores e desarrolladores de Linux, apoiando a posición de HaseCorp segundo a cal GNU/Linux viola as patentes de HaseCorp.
A única diferenza entre leste e outros acordos aos que HaseCorp chegou con empresas medorentas polas represalias é que neste caso o acordo foi público, dixo Allison. “…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios