XXVII Feira do Grelo e Entroido 2007

86

O domingo 18 de febreiro celebramos nas Pontes a XXVII edición desta feira, a primeira feira adicada ao grelo que se celebrou en Galicia.

Feira do Grelo 2007
Preme na imaxe para ve-lo programa interactivo

Cartel realizado por Elisardo Daniel Barcala Dorado


A primeira hora da mañá os participantes nos concursos de cestas con grelos (con premios para a calidade, traballo máis enxebre e cesta maior adornada) iranse achegando á Rúa Ramón Cabanillas para presentar as súas cestas a concurso. Logo de que o xurado faga unha valoración e presenten os premiados, os grelos poderán poñerse á venda. Entre todas as categorías premiadas repartiranse 2.100 euros .Cada participante percibirá 20 euros en gastos de desprazamento. A concurso se presentan produtores non só das Pontes, senón tamén doutra comarcas limítrofes: Guitiriz, O Freixo, Cedeira, Narón, Vilalba, Cabanas, Xermade, en total no anterior edición se presentaron 60 cestas.
Ademais do concurso no feira poderá visitarse unha mostra de productos agroalimentarios e artesanais, nesta mostra acoden expositores de diversas partes de Galicia, pero sobre todo da comarca do Eume: teremos mel, queixo e requeixo de Eume; a agrupación agroalimentaria do Eume exporá os seus productos naturais; os típicos mantecados e polvoróns das Pontes tamén estarán representados, e unha variedade de productos: artesanía en tela, en coiro, instrumentos musicais, etc.
Dende as 12.30 h poderase degustar o cocido e requixo con mel. Este ano se encargaron 700 racións, que se poñerán á venda a un prezo de 6 euros. A degustación será no patio do Colexio Sta. María, baixo unha carpa e mesas e sillas con capacidade para 500 persoas.
Dende primeiras horas da mañá o que máis chama a atención dos visitantes é o olor a freixós que inunda toda a vila; e que dende as 6 da mañá comeza a funcionar a freixoeira instalada nos baixos do mercado municipal. Esta freixoeira mide 8 m de longo, facendo un total de 56 freixós en cada pasada. A freixoeira funciona tamén o o venres día 16, xa que ese día  se fan para todos os escolares das Pontes.  Os freixós e poñense á venda a un prezo de 1 euro por catro unidades.
Ademais os visitantes que se acheguen ás Pontes, poderán visitar a Casa do Mel en Goente, o museo etnográfico Monte Caxado e unha exposición  de torneado en madeira na sala de expsocións Mercado VEllo.
Xa pola tarde, se celebra o IV Festival de comparsas vila das Pontes; entre todas as comparsas participantes se repartirán 2.100 euros. O prazo para apuntarse a este festival remata o venres 16.
O presentador do festival é o actor e humorista Carlos Blanco.
O martes 20, celebramos a cabalgata de entroido para a que xa está aberta o prazo de inscrición. Todos os interesados en inscribirse nesta cabalgata poderán facelo no Dpto. de Cultura (Casa Dopeso), atoa o mesmo martes ás 14h. En total repartiranse 2.655 euros en premios.
A continuación da cabalgata celebrarase un baile de entroido no patio do colexio Sta. María, coa orquestra Paris de Noia.
Cortesía Dpto. de Cultura do Concello das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios