CABALGATA DE ENTROIDO AS PONTES

78

Mañá martes ás 17 h sairá a Cabalgata de entroido das Pontes, dende a rúa Monte Caxado. A cabalgata de disfraces baixará pola avda. de Ortigueira, avda. de Galicia, e no canto de subir pola rúa Rosalía de Castro (que está en obras) farao por Alexandre Bóveda ata o patio do colexio Sta. María.

carnaval07.jpg


Unha vez ali os disfraces, o xurado fará a súa valoración para premiar ás distintas categorías de infantil e adultos (individual, parellas e grupos) e comparsas. Repartiranse máis de 4750 euros en premio.
Ao remate da entrega de premios haberá un baile de disfraces coa orquestra París de Noia
Para participar na Cabalgata hai que estar inscrito; aqueles que aínda non se inscribiron poderán facelo mañá ata as 13h no Dpto. de Cultura (Casa Dopeso, 1º andar)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios