FOLIADA NAS PONTES

60

O vindeiro venres 23 de febrerio terá lugar no Lar de Endesa unha nova edición da foliada que organizan os gaiteiros ponteses.
Nesta ocasión contamos coa participación dun grupo local xuntado exclusivamente para a ocasión, todos eles excompoñentes do desaparecido cuarteto tradicional Os Ponteses, capitaneado polo “mestre” gaiteiro Freixo de oitenta e oito anos de idade e con todas as facultades interpretativas intactas. Esta circunstancia non e doada de atopar o longo de todo o Pais, pero nos podemolo disfrutar aquí nas Pontes.
Tamén nos visitará o grupo “Do fondo da ucha” procedente da Coruña, o cal se caracteriza por ser cantados a maioria dos seus temas; os seus compoñentes proceden de agrupacións como Cántigas da Terra, coro galego fundado en 1916, Santaia de Oleiros, Barallete, e cuartetos varios.. etc..

Cartel-Foliada.jpg


Cortesía Manolo L.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios