OpenStreetMap, mapas con licenza Creative Commons

30

Lendo mancomun.org:
“OpenStreetMap (OSM) é un proxecto colaborativo para xerar mapas libres empregando datos de dispositivos GPS móbiles. OpenStreetMap leva a idea dos wikis ao mundo dos mapas permitindo xerar e proporcionar datos xeográficos libres tales como rueiros a calquera persoa que o desexe. O proxecto comezou porque a maioría dos mapas teñen realmente restricións legais para o seu uso ou das súas API. Calquera persoa pode corrixir o mapa actual empregando as ferramentas dispoñibles, como único requirimento é crear unha conta no wiki.”…


…”Ferramentas para traballar con OSM:
* Applet de edición (Applet Java)
* JOSM (Programa Java Desktop)
* osm-editor (Programa Desktop Qt)
* Outras
A licenza de OSM é Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.0 license para os datos e GNU GPL para o software.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios