Zaragoza pásase ao Software Libre

32

Lendo mancomun.org:
“É un proceso no que xa levan tempo, e que teñen como obxectivo rematar a finais de 2008. O Ayuntamiento de Zaragoza estima aforrar entre 800.000 e 1.000.000 de euros. Esta migración, que se fará en colaboración con Novell, requirirá unha inversión inicial e única de cerca de 700.000 euros para a formación dos traballadores do concello e para a migración ao Software Libre. “É máis difícil cambiar os hábitos dos funcionarios co sistema operativo”, asegura Ricardo Cavero, concelleiro de Ciencia e Tecnoloxía. “…


…”Este proceso realizarase en dúas fases. A primeira será a renovación das aplicacións ofimáticas, procesador de textos, folla de cálculo, correo electrónico, … O concello elixiu as solucións de OpenOffice neste apartado. E a segunda será a migración do sistema operativo.
Asemade, a modernización non suporá graves problemas xa que a interface dos programas informáticos cos que se traballará no concello son similares aos empregados ata agora e son compatibles con case calquera aplicación. Un dos compromisos de Belloch foi o de impulsar o Software Libre ao considerar que é unha tendencia mundial, e que responde ás recomendacións da Administración General del Estado e da Unión Europea.
O Ministerio de Administraciones Públicas, na súa proposta sobre o uso do Software Libre, resalta ca instalación de Linux afecta directamente á libertade de elección, á protección da inversión, á mellor relación custe/rendemento e á garantía de comunicación e interoperabilidade.
O gabinete de prensa e a oficina de relacións co cidadán xa están empregando OpenOffice, e os seguintes en facelo serán os funcionarios do rexistro municipal. Nos próximos dous meses comezará a formación con cursos para solucionar calquera problema de manexo ou comprensión.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios