Pontedeume acolle as segundas xornadas do Equal-Muller XXI

92

Os traballos realizados polos concellos do territorio EuroEume en materia de igualdade de oportunidades e conciliación da vida persoal familiar e laboral a debate.


Estas xornadas celebraranse na Casa da Cultura de Pontedeume o mércores 28 de febreiro. O obxectivo destas xornadas é que sexan un espazo informativo, formativo, de posta en común, control, seguimento e potenciación do intercambio de experiencias entre os equipos técnicos dos nove concellos, dando visibilidade ás actuacións xa realizadas polos equipos técnicos dos concellos que conforman o territorio Euroeume así como para planificar as actuacións a realizar nos próximos meses.
Durante a mañá traballarase no desenvolvemento do Seminario “O cuidado das persoas coidadoras” , pensado para persoas que teñen persoas dependentes ao seu cargo, esta formación está incluida na Formación para o autoemprego e fomento do espíritu emprendedor, concebida como formación continua para persoas que non teñen un traballo remunerado pero que asumen un responsabilidade continuada na atención de persoas dependentes. Durante a tarde realizarase unha presentación de duas experiencias que están a ser desenvolvidas: O Centro de Información á Muller, do concello das Pontes, e os Itinerarios Personalizados, da Deputación da Coruña.
Estas xornadas están organizadas pola Asociación Euroeume, coa colaboración do Concello de Pontedeume. Euroeume é un dos membros estratéxicos da Agrupación de Desenvolvemento Rede XXI, cunha participación activa nas accións do Proxecto Muller XXI. O PROXECTO EQUAL-MULLER XXI, que está liderado pola Deputación da Coruña, ten como obxectivo principal avanzar na conciliación da vida persoal e laboral mediante a posta en marcha de medidas de sensibilización e apoio á mesma, entre elas a creación de servizos de proximidade no ámbito rural, impulsar accións que utilicen novas oportunidades de emprego e axuden a diminuír a precariedade laboral da muller, dar apoio ás empresas para atopar novos modelos de flexibilidade no traballo, ou procurar sensibilizar ás administracións e demais interlocutores sobre conciliación e igualdade de oportunidades.
Patricia Pena Monelos
Responsable Euroeume Equal Muller XXI
Tel Contacto: 981 440668 – 663 021608

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios