CONCERTOS DE MUSICA E VOCES TRADICIONAIS

23

O venres 2 comeza o programa CIRCUITO 4×4 nas Pontes; este circuito organizado pola Consellería de cultura e deportes e o IGAEM en colaboración co Concello das Pontes. Conta con catro actuacións das que poderemos disfrutar nos 4 primeiros venres do mes de marzo no Auditorio Municipal cine Alovi ás 21h.

logo4x4g.jpg


Venres 2 de Marzo
SERRA-LHE AI
Nas actuacións que o grupo ofreceu durante os 10 anos de traxectoria  fixo que ningún dos seus espectadores quedase indiferente. como eles din: “esta é música tabernaria de unión” de directo e de transgresión acordeonistica.
Venres 9 de Marzo
OS CARUNCHOS
Recentemente chegados de montealegre, o seu terceiro traballo discografico. Unha vez máis apostan pola nosa cultura facendo un disco fresco e cheo de ritmo, rescatando vellas cantigas da tradición oral e introducindo novas composicións para o xa extenso repertorio de música galega. No directo poderedes gozar de toda  aforza do folk tradicional, así como da variedade de timbres, tonalidades e ritmos da nosa música e da nosa poesía popular.. FESTA

Carunchos-I.jpg

Venres 16 de Marzo
RUOTE
O colectivo de música tradicional RUOTE nace no 1996 partindo da base dun grupo de recolleita etnográfica que leva traballando dende 1991. formado por 6 persoas, mostrannos unha variada instrumentación.
Venres 23 de Marzo
LEILíA
Baixo a palabra patrimonial Leilía, antigo nome que recibían unhas determinadas coplas populares galegas, naceu 1989, unha foramción de mulleres que querían dar vida  ao pasado a través   do presente.  Esta formación de 5 prodixiosas voces  foron galardoadas entre outros cos premios a mellor canción ” pedras contra tanques” de la Academia de las artes y de la música ; premio Galicia en feminino; premio a mellor banda sonora “A rosa de pedra”
Prezo entradas:
Xeral  3€
Reducido 2€  maiores de 65 , carne de estudante  ata 25 anos e carné xoven
Venda anticipada: o xoves de 12 a 13.30h e o venres de 12 a 13.30h e 1h media antes da función

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios