PROTECCION DO LOBO ÉPOCA DE CELO

55

Recentemente varias Asociacións e o propio Concello de As Pontes solicitaron autorización a Consellería de Medio Ambiente para exterminar o lobo en plena época de celo no Concello de As Pontes, debido a supostos danos ocasionados pola especie. Guerrilleir@s das Fragas-FEG solicitoulle o departamento autonómico encargado de velar pola conservación das especies, que non autorice estas batidas así como o establecemento de medidas extraordinaria de vixilancia na zona, para evitar atentados contra o lobo. Tamén aproveitouse a ocasión para reclamar un sistema de compensación rápida e eficaz dos danos do lobo, sobre todo naqueles tristes casos onde os recursos económicos familiares dependen en gran medida do gando danado, cousa rara nun pobo industrial como As Pontes onde a maioría dos propietarios do gando son prexubilados de ENDESA con unha economía sustentada en gran medida por tódolos contribuíntes e non no gando.


O lobo (Canis lupus signatus) é unha das últimas xoias superviventes da nosa fauna autóctona, o feito de que se poidan ver onde hai décadas non se notaba a súa presencia non é en absoluto unha proba do aumento do número destes animais, senón síntoma da degradación dos seus territorios habituais (apertura de novos accesos, canteiras, repoboacións forestais, roturacións..) e unha clara mostra das dificultades que atopan para sobrevivir; tamén nos últimos anos houbo dous feitos que afectaron á alimentación do lobo: a clausura dos vertedoiros incontrolados e a prohibición do abandono do gando morto no monte dende a crise das vacas tolas
Non esquezamos que o lobo de ningún xeito é unha ameaza para o home, do que o afasta o temor ancestral que senten de nós os animais salvaxes. Non se coñece nos últimos 25 anos nin un só ataque comprobado a seres humanos. ¿Cántos cans neste período de tempo mataron ou roeron a persoas?. ¿Cántos cabalos ou bestas deron couces? ¿Cántas avellas, avespas ou mosquitos picaron e chegaron a matar? ¿Cántos humanos asasinaron a outros humanos?

guerrilleiros.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios