APERTURA DA EXPOSICIÓN ‘ECOS DA CREACIÓN’ DE FOTOGRAFIAS DE MANUEL LEMOS

42

DO 23  MARZO AO 8 ABRIL NA SALA DE EXPOSICION MERCADO VELLO
Esta exposición é fruto da colaboración entre Caixanova e o Concello das Pontes. A mostra recolle 50 obras de Manuel Lemos, unha selección do traballo intenso de 10 anos, fundamentada nunha observación e estudo do medio natural e os motivos fotográficos, que se basan na unión de fotografía e natureza como disciplinas que interaccionan e se complementan.


Ecos4.jpg

As fotografías están realizadas sobre película diapositiva en cor de alta definición e saturación, utilizando ópticas de recoñecida calidade e tamaños que van dende o formato medio ao grande formato. Estes tres aspectos garaten unha captura de imaxes vibrantes, cun máximo detalle e riqueza de matices, ademáis dunha inapreciable pérdida en futuras grandes ampliacións. As fotografías están feitas nas distintas estacións e, na súa maioría, en zonas de interese natural e paisaxístico de Galicia.
Ecos2.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios