EXPOSICION “O MUNDO NA TUA CABEZA”

184

Do 10 ao 27 de Abril Sala de exposicións do Mercado Vello As Pontes
Hoxe martes, día 10 de Abril, ÁS 12H inaugurase na sala de exposicións do Mercado Vello do Concello das Pontes “O mundo na túa cabeza. ¿Que sabemos e como nolo contaron?”
A presentación da exposición asistirá o Director xeral de I+D+i e persoal do museo de historia natural de Santiago de compostela.

omundonatuacabeza.jpg


Experimentos, probas interactivas e ilusións visuais explican como funciona o cerebro na mostra “O MUNDO NA TÚA CABEZA” esta exposición amosa o proceso da información dende os sentidos até o cerebro e ofrece unha viaxe na que o punto de partida son as percepcións sensoriais humanas e o destino o procesamento da información no encéfalo. A mostra dá ademais unha perspectiva histórica da neurociencia e detalla técnicas utilizadas na investigación nesta materia ao longo da historia.

omundonatuacabeza1.jpg

Información para apertura da exposición:
Horarios de apertura da expo con visitas :
de luns a venres de 10 a 14h e de 16 a 20h e sábados de 11 a 14h e de 17 a20h
A exposición contará con monitores que farán de guias da expo a que poderán acudir estudantes de 3º ciclo de primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos e público en xeral.
omundonatuacabeza2.jpg

Se desexan concertar visitas para grupos dirixirse a:
museo de historia natural luis iglesias
981 593 589 (Paula Lorenzo) museohn@usc.es
Como novidade, esta exposición compleméntase coa celebración dun café científico “cerebro, mente e outras lerias”. Lonxe do tradicional formato de conferencia, estas reunión permiten a interacción de científicos e público no ambiente distendido dunha cafetería. Nos café participará o profesores Casto Rivadulla e Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza, que ofrecerán unha visión lúdica e diferente da neurociencia. Este café celebrarase na Cervecería Excalibur o venres 20 de Abril ás 20.00h . Todos asistentes serán convidados a unha consumición.
“O mundo na túa cabeza” presentouse con motivo da Semana da Ciencia 2006 e o seu éxito de público (visitárona máis de 8.600 persoas en novembro e decembro do ano pasado) fixo que a Dirección Xeral de I+D+i decidise darlle continuidade este ano.
omundonatuacabeza3.jpg

A exposición enmárcase dentro das actividades do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i 2006-2010, IN.CI.TE. O seu obxectivo é facilitar un maior coñecemento da ciencia e a tecnoloxía na sociedade galega e facer reflexionar aos cidadán sobre a evidencia de que vivimos rodeados de ciencia e da importancia que ten para acadar o progreso e o benestar.
Cortesía Departamento de Cultura do Concello de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios