O alcalde pontés pacta un acordo cos Gabeiras que permitirá ensanchar a avenida de La Habana

71

[La Voz de Galicia] O alcalde pontés, Víctor Guerreiro, alcanzou un acordo coa familia Gabeiras, titular da empresa de transporte do mesmo nome, para a cesión de parte da súa propiedade na confluencia das avenidas de La Habana e Ortigueira para desfacer un tapón urbanístico. Onte, o rexedor entregoulle un cheque a Carmen Vérez, matriarca dos Gabeiras, como pago pola cesión.
Nova relacionada: El Concello pontés expropiará una casa para derribarla y ensanchar la céntrica avenida de A Habana


Guerreiro explicou que dentro duns días procederase á demolición dunha vivenda dos Gabeiras situada no cruce entre as dúas rúas citadas, o que permitirá ensanchar a avenida de La Habana.
A casa en cuestión ten unha superficie de 570 metros cadrados, dos cales o Concello usará 144 metros cadrados para ensanchar a rúa. O resto seguirá en mans dos propietarios para construír vivendas novas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios