VARIOS DESAPRENSIVOS INVADEN COS SEUS VEHÍCULOS A ÁREA DE PROTECCIÓN DA MOURELA

44

A realización de “trompos” enriba do xácigo dana sensíbelmente diferentes estructuras.
Na madrugada de onte, venres 13, varios vehículos invadiron a área de protección do xácigo, producindo graves alteracións en superficie.
Hoxe pola mañá, logo dunha visita á necrópole, puidemos constatar rodeiras de varios vehículos que puñan de manifesto a realización de “trompos” automovilísticos.
Así mesmo, nas tarefas de desmonte da cuberta que protexía as escavacións, resultaron danadas diferentes estruturas referenciadas nos traballos arqueolóxicos.
Estes destrozos foron postos en coñecemento das autoridades locais, así como da Comandancia da Guardia Civil de A Coruña.
Non entendemos como o xacemento carece dunha protección e control arqueolóxicos, entanto a Dirección Xeral de Patrimonio non tome unha decisión sobre que facer co conxunto.
De repetirse este tipo de actos vandálicos, pouco quedaría xa para unha futura recuperación do xácigo.

trompo_01.jpg


trompo_02.jpg
trompo_03.jpg
trompo_04.jpg
trompo_05.jpg
trompo_06.jpg
trompo_07.jpg
trompo_08.jpg
trompo_09.jpg
trompo_10.jpg
trompo_11.jpg
trompo_12.jpg
trompo_13.jpg
trompo_14.jpg
trompo_15.jpg
trompo_16.jpg
trompo_17.jpg
trompo_18.jpg
trompo_20.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios