Un SOS na Mourela

95

Artigo publicado en Galicia-Hoxe, de A. Losada
Un importante círculo lítico preto das Pontes, redescuberto no 2003, podería quedar destruído polas obras da autovía Ferrol-Vilalba
Hai menos de vinte anos, na zona da Mourela, no concello das Pontes (A Coruña), había unha necrópole de cinco mámoas e dous círculos líticos (tamén chamados crom- lechs). Hoxe en día, só quedan dúas mámoas e os restos do maior dos cromlech, que se daba por de­saparecido e que foi redescuberto no 2003. Mais existe o risco de que, en poucos anos, non quede nada.


Hai ano e medio comezou a contrución un tramo da autovía AG.64, que unirá Ferrol con Vilalba (Lugo), atravesará o campo de mámoas, cunha trincheira de máis de 50 metros de profundidade que arrasaría por completo o cromlech. Xa dende 2003, mantivéronse excavacións arqueolóxicas no círculo lítico da Mourela, que ten entre 4.000 e 5.000 anos de antigüidade, uns 14 metros de diámetro e está rodeado de importantes xacementos, nunha necrópolis aínda por estudiar.
Dende maio de 2006, os veciños das Pontes viron que os restos megalíticos tiñan os días contados e organizáronse nunha plataforma cidadá e apolítica para impedilo. En colaboración con varios expertos e con Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), prepararon unha solución alternativa, construír un túnel por baixo do monte no que se localizan o cromlech e as mámoas.
O túnel: un proxecto viable técnica e económicamente
Segundo afirman, o incremento do custe da obra sería dun 5,3% (sendo o 10% o máximo permitido pola lei nun proxecto xa aprobado) e sería viable tecnicamente, ademáis de minimizar o impacto sobre o conxunto arqueolóxico. A decisión de aceptar esta proposta está nas mans de dúas direccións xerais, a de Patrimonio (Consellería de Cultura) e a de Obras Públicas (Consellería de Política Territorial).
Patrimonio apoiou públicamente a contrución do túnel, pero aínda non se pronunciou sobre a categoría de protección que lle asignará ó círculo lítico da Mourela. Este departamento xa posúe os informes do equipo arqueolóxico que estudou o crom- lech, e agora ten que decidir se permite que sexa destruído ou non. Obras Públicas, pola súa banda, non se posiciona, so di que fará o que lle digan en Patrimonio.
E, mentres tanto, as obras, continúan perigosamente preto dos xacementos arqueolóxicos. Os veciños comezan a temer o peor.
OS ANTECEDENTES
Un lugar descrito a comezos do século XX e desaparecido
Os círculos líticos da Mourela foron catalogados e fotografados polo investigador Federico Manciñeira a comezos do século XX, que os describíu con detalle nos seus traballos.
Non obstante, o descoido e os anos fixo que rematara enterrado na maleza e esquecido ata que, no 2003, Jacobo Vaquero, do Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas das Pontes, advertíu de que a autovía Ferrol-Vilalva pasaba polo medio da necrópole da Mourela, xusto por onde se supuña que estaba este cromlech. Coa autorización do Concello das Pontes comexou a excavar na Mourela e redescubríu o círculo lítico, o Polígono do Airío e unha torre de alta tensión. Non obstante, o plan de obras non se tería cambiado de non ser pola presión veciñal.
EN BREVE
A zona xa sufríu danos
O conxunto megalítico da Mourela xa sufríu danos entre 1990 e 2000, cando o Concello das Pontes iniciou a construción do Polígono Industrial dos Airíos, que se levou por diante dúas mámoas e un cromlech.
Dolmes, mámoas e cromlechs
Unha mámoa é un montículo de terra circular que agocha no seu interior un dolmen. Adoitan ser monumentos funerarios. Un cromlech é unha agrupación circular de pedras, empregada para cerimonias druídicas.
A WEB
Máis de 1.500 sinaturas a prol da súa conservarción
A plataforma en defensa do Patrimonio de As Pontes da testemuño puntual da situaciónn na paxina web http://www.amigus.org/mourela.php, a través da cal tamén estan a recoller firmas en defensa do círculo lítico da Mourela. Polo de agora, levan máis de 1.500, entre elas, as de entidades como o Museo do Pobo Galego, a Rede Iberoamericana para a Protección do Patrimonio Cultural, SOS Monumentos, así como varios docentes do departamento de Prehistoria do Institut de Recerques envers la Cultura de Cardona (Barcelona) e da Universidade Politécnica de Catalunya, entre outros.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios