Aclaración

75

ADEGA e a PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES, logo da publicación do titular no xornal Diario de Ferrol con data 21 de abril de 2007:
“ADEGA y la Plataforma en defensa del patrimonio local editan una revista”
Queren manifestar:
1º. O dossier informativo ao que se fai referencia no artigo foi elaborado de xeito gratuito e voluntario co único fin de divulgar a situación á que se está a ver sometida a necrópole megalítica da Mourela.
2º. En ningún apartado do dossier informativo se afirma que tanto ADEGA como a Plataforma damos por perdido o xácigo prehistórico. É máis, o propio documento ven a por en escea a necesidade de conservación da Mourela, como un conxunto monumental, formado por tres mámoas e os restos dun anel lítico.
3º. No apartado que leva por título ANTECEDENTES, incorpórase a fotografía dunha mámoa do lugar de Carracedo, tomada no ano 1975, pouco antes de ser destruida por mor das expropiacións de ENDESA. En ningún lugar se especifica a relación da imaxe co destruido Castro da Uz.
4º. Nesta mesma seizón indícase a “destrución” de dúas mámoas e o anel menor debido á instalación de dúas naves industriais “enriba” destes elementos catalogados. En ningún momento se fala de termos como “desaparición” ou “entorno”.
5º. En ningún apartado do dossier se fan críticas á actual Dir. Xeral de Patrimonio, por mor da non valoración do custe do túnel. Sí á Dir. Xeral de Obras Públicas, organismo que declinou facer valoracións ao respecto da alternativa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios